domingo, 29 de abril de 2012

II TROCO- LIBRO

Unha das actividades realizadas durante esta semana para homenaxear ao LIBRO foi o II TROCO- LIBRO DE LECTORIO. Os alumnos e alumnas participaron aportando libros en bo estado (máximo de 3), obtendo a cambio un vale que lles deu dereito a obter outro libro. Previamente os libros estiveron expostos por niveis na biblioteca.

domingo, 22 de abril de 2012

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Neste día conmemórase o falecemento de tres escritores: o español Miguel de Cervantes Saavedra, o inglés William Shakespeare e do cronista Garcilaso de la Vega (o Inca), todos ocorridos en 1616. Desde 1995, a Conferencia Xeral da Unesco proclamou o día 23 de cada ano como o "Día mundial do libro e do dereito de autor para homenaxear mundialmente ao libro e aos seus autores, e para fomentar a lectura e respectar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

domingo, 1 de abril de 2012

2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro é o texto que Francisco Hinojosa, poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano, cedeu á IBBY para a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil 2012. Cada ano, a International Board on Books for Young People encarga a unha das súas seccións a edicíón do cartel conmemorativo deste día no que se lembra o nacemento de Hans Christian Andersen. Nesta ocasión foi a sección Mexicana quen acolleu esta iniciativa, e velaquí tamén o cartel que elaborou para a ocasión o ilustrador deste país, Juan Gedovius.