jueves, 27 de abril de 2023

O MEU LIBRO FAVORITO

 Foi todo un éxito  a actividade proposta este ano para conmemorar o día do libro: vir caracterizados de personaxes do seu libro favorito ou traer algún obxecto relacionado. Non vos perdades o próximo video.


sábado, 22 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO. APADRIÑAMENTOS LECTORES

Pois como vedes, non paramos. inmersos na Semana do Libro , onte tivemos os xa tradicionais apadriñamentos lectores. Fomentar o gusto pola lectura e a interacción entre iguais era un dos obxectivos e ver como disfrutan desta actividade merece moito a pena. Grazas aos rapaces e rapazas de 4º,5º e 6º polo seu bo facer .



viernes, 21 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO. PRESENTACIÓN DO LIBRO LÚA

Onte , o alumnado de 1º de Primaria puido disfrutar , da man do seu autor, PePablo Patinho a presentación do libro Lúa. Pasaron un momento estupendo e dámoslle as grazas a PePablo por agasallarnos cun montón de exemplares para que os nosos nenos e nenas os disfruten