sábado, 27 de febrero de 2016

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Como ben sabedes o centro está inmerso nun proxecto documental integrado que ten como temática "Os xogos olímpicos". Esta semana Lectorio enviou una carta ás aulas anunciando a visita de varios deportistas que se adican a un deporte olímpico que é o tiro con arco. Na carta tamén solicitaba que entre todas e todos decidisen e seleccionasen unha pregunta para facerlles aos visitantes que serían Xaquín Mira, campión de España e Miguel Albariño, campión do mundo e o deportista que representará a España este ano nos xogos olímpicos de Río. A continuación amosamos imaxes de momentos nos que os deportistas, que finalmente viñeron acompañados do seu entrenador e Cristina, unha compañeira que tamén se adica a este deporte, explican de que trata o seu deporte, que instrumentos son necesarios, etc...e xa finalmente respostaron ás preguntan que cada aula tiña preparadas para facerlles.

miércoles, 24 de febrero de 2016

179 ANOS DE ROSALÍA

Hoxe as nenas e nenos que se achegaron ata a biblioteca de Lectorio recibiron unha grata sorpresa ao recibir dentro do libro emprestado un marcapáxinas de Rosalía, como homenaxe á autora que hoxe cumpriría 179 anos.
Nas aulas se traballaron poesías da autora que foron expostas cunha ilustración no panel do corredor. Lectorio anímavos a visitar este espazo.

domingo, 21 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

O vindeiro xoves 24 de febreiro é un día moi importante para a nosa cultura, conmemórase o nacemento da poeta Rosalía de Castro. No cole traballaremos nas aulas poesías da autora que expoñeremos, xunto cunha ilustración, no corredor do centro. Ademais disto, en breve, faremos un recital de poesía para homenaxear a Rosalía e lembrar a súa importante labor coa nosa lingua. Lectorio se encargará de amosarvos imaxes desta celebración. Queremos animarvos tamén a que nesta data agasallemos aos nosos seres queridos un libro galego e unha flor, proposta ideada pola Asociación de Escritoras e Escritores en lingua galega como recoñecemento á autora e como una forma de lembrar a importancia da lingua ( un día como hoxe 21 de febreiro é o Día Internacional da lingua materna )
Como é habitual nesta data teremos expostos na Biblioteca de Lectorio exemplares de Rosalía de Castro que tedes á vosa disposición para empréstimo ou para ler tranquilamente na biblioteca, Desexamos que disfrutedes destas lecturas, que aínda que foron escritas fai xa case dous séculos seguen cunha temática moi actual nos tempos que corren.

viernes, 5 de febrero de 2016

CHEGOU O ENTROIDO!!

Na biblioteca de Lectorio tedes á vosa disposición unha serie de libros relacionados co Entroido. Uns conteñen historias relacionadas con esta festa tradicional; orixe, costumes..... Noutros poderedes atopar información para elaborar material para esta festa como máscaras ou maquillaxe para os disfraces.
Tamén poderedes atopar o libro "Brinca Vai" que contén cancións moi animadas, entre elas "Entroido move o corpo"
Desexamos que disfrutedes desta gran festa moi arraigada en Galicia e que regresedes con enerxía renovada para xa meternos de cheo no proxecto no que está inmerso o cole este ano "Os xogos olímpicos de Río 2016".