sábado, 27 de febrero de 2016
UNHA VISITA MOI ESPECIAL
Como ben sabedes o centro está inmerso nun proxecto documental integrado que ten como temática "Os xogos olímpicos".
Esta semana Lectorio enviou una carta ás aulas anunciando a visita de varios deportistas que se adican a un deporte olímpico que é o tiro con arco. Na carta tamén solicitaba que entre todas e todos decidisen e seleccionasen unha pregunta para facerlles aos visitantes que serían Xaquín Mira, campión de España e Miguel Albariño, campión do mundo e o deportista que representará a España este ano nos xogos olímpicos de Río.
A continuación amosamos imaxes de momentos nos que os deportistas, que finalmente viñeron acompañados do seu entrenador e Cristina, unha compañeira que tamén se adica a este deporte, explican de que trata o seu deporte, que instrumentos son necesarios, etc...e xa finalmente respostaron ás preguntan que cada aula tiña preparadas para facerlles.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario