A continuación amósase información sobre a orixe desta data tan importante para as mulleres do mundo. Agradecemos a fonte de información á que acudimos que é orixinaria de Xeira.
Historia do 8 de marzo
A orixe do Día Internacional da Muller traballadora está agochada por diversos mitos ou hipóteses que foron xurdindo ao longo do tempo. Unha destas hipóteses di que o 8 de marzo de 1857 as mulleres dunha fábrica novayorkina protestaron pola mellora das súas condicións laborais, e como consecuencia disto, o patrón fechounas dentro e prendeulles lume, o que acabou coa vida de 129 mulleres. A hipótese prosegue coa afirmación de que o Día Internacional da Muller celébrase para conmemorar este terrible feito. Outra hipótese fala de que dito incendio ocorreu o 8 de marzo de 1908, mais ese día era domingo, e é difícil pensar no comezo dunha folga un domingo. Ademais, tamén existe a teoría de que a orixe poido se unha manifestación do sector téxtil que tivo lugar en Nova York, nesta mesma época. Mais de ningunha destas teorías existen datos rigorosos e contrastables. De feito este incendio ocorreu no ano 1911 na fábrica “Traingle Shirtwaist Company” en Nova York, onde morreron máis dun centenar de traballadoras. Por outra banda, tamén se produciu a manifestación do sector téxtil, mais o 27 de setembro de 1909 (prolongándose a folga durante 13 semanas ata o 15 de febreiro de 1910).
Cando acudimos a fontes fidedignas, topámonos coa celebración da II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas celebrada en Copenhague no ano 1910. Alí mesmo aprobouse por unanimidade a proposta que fixo Clara Zetkin e deste xeito estableceuse o Día Internacional da Muller Traballadora como método de loita pola causa da muller. Polo tanto nin a folga téxtil, nin o incendio de Nova York, que adquiriu grande relevancia nos encontros anuais posteriores, foron orixe da efeméride. A hipótese máis críbel é que a finais so século pasado se tratara de desvincular a aparición dese día co socialismo. Mais, as diversas hipóteses que xurdiron, ben vemos que non se sosteñen.
Nos EEUU xa se celebrara o Women’s Day o 28 de Febreiro de 1909, feito que continuou tendo lugar ata o ano 1913. Porén, esta celebración era tan só de carácter nacional.
O primeiro Día Internacional da Muller Traballadora tivo lugar o 19 de Marzo de 1911 en varios países de Europa. Nese primeiro encontro participaron máis de un millón de mulleres coas seguintes reivindicacións:
dereito á formación persoal
dereito ao traballo
dereito ao voto
dereito á ocupación de cargos públicos
dereito á non discriminación polo feito de ser muller
Seguindo coa historia da loita da muller, tras o éxito do primeiro encontro máis países fóronse sumando á manifestación pública. Mentres que Rusia xa se uniu en 1913, en Europa houbo que agardar un ano para que se fixeran mitins en apoio á muller e contra a Primeira Guerra Mundial (IGM) en datas preto do 8 de Marzo do ano 1914.
Foi o 8 de marzo de 1917 en Rusia cando, por consecuencia da escaseza de alimentos, as mulleres amotináronse. Este importante acontecemento marcou o comezo da Revolución Rusa que rematou co réxime zarista e co establecemento dun goberno provisional que concedeu
No hay comentarios:
Publicar un comentario