miércoles, 29 de enero de 2020

Premio da Paz 2020

Novamente este ano no noso cole decidimos facer os premios da Paz, no que sairá premiado un alumno/a de cada aula. Esa alumna/o será o que respecte as normas do centro, coide os materiais, axude aos compañeiro, etc.

Nas aulas os nenos e nenas cubriron unha encuesta para ver cales dos seus compañeiros son os mais adecuados para recibir este premio.
Do primeiro sondeo saíron catro candidatos e hoxe celebrouse a votación na nosa  biblioteca e votamos para elexir a un premiado de cada aula.

Foi unha actividade moi divertida na que os nosos nenos/as disfrutaron moito!
Mañá na celebración do día da Paz otorgaráselles os alumnos o diploma dos premios da Paz.






Dados Creativos


 A Lectorio gústalle que os nenos realicen actividades motivadoras nas que os valores e aprendizaxes sexan relevantes, este mes con motivo do día da Paz dende a semana pasada as diferentes aulas pasaron pola Biblio para traballar cuns dados creativos con imaxes referentes tanto a situacións negativas como positivas. Primeramente mediante o diálogo ofreceron solucións aos problemas atopados e nas positivas valoraron esa actitude para empleala na nosa vida diaria.

Despois fixeron unhas reflexións nas aulas e as escribiron nuns papeis que formarán parte do mural do noso cole.


domingo, 26 de enero de 2020

Tablón de novas de lectorio

Este curso lectorio  decidiu  poñer uns tablóns  polo cole para avisarnos dos eventos ou actividades que se farán na biblioteca. Estade moi atentos, xa sabedes que este mes estamos tratando o tema da Paz.

lunes, 13 de enero de 2020

Volvemos de vacacións!



Xa estamos de volta das vacacións de Nadal! O 8 de Xaneiro a Biblioteca de Lectorio abríu de novo as súas portas en un espazo novo e con moitos recunchos que descubrir, todas as nenas e nenos queren gozar deste novo lugar.