sábado, 31 de octubre de 2020

SAMAÍN 2020 EDUCACIÓN INFANTIL

 Non vos podedes perder este video coas fantásticas cabazas dos máis pequeno e pequenas do cole. Pasaron un día de medo, onde puideron ver os contos de medo que prepararon os seus compis de sexto,  facer manualidades de Samaín e pasalo ben bailando cos seus disfraces terroríficos



viernes, 30 de octubre de 2020

SAMAÍN 2020


Ola familias!!

Esta semana foi unha semana especial: celebramos o SAMAÍN. Non puidemos estar todos e todas xuntos pasando un bo rato pero si que puidemos desfrutar nas aulas. Ademáis da exposición de cabazas tivemos a oportunidade de escoitar uns contos arrepiantes narrados polos nenos e as nenas de 6º de Primaria. Son contos da nosa biblioteca. Non podedes deixar de velos. 

O ABRIGO MISTERIOSO


CADARVECIÑA VERMELLA


A MIN NON ME COMAS

lunes, 12 de octubre de 2020

Ola familias!!!
Despois de moitos meses sen publicar regresamos este curso 2020-2021 tan atípico para tod@s. Lectorio tiña moitas ganas de ver as cariñas dos nosos pequenos e pequenas e quería inaugurar a súa biblioteca por todo o alto. Para iso quixo convidar aos seus amigos do Teatro dos Ghazafhelos e poñer así en valor as persoas que se adican ao mundo do espectáculo e da cultura e que non o están a pasar moi ben nestes tempos de pandemia. 
As nenas e nenos de Infantil , 1º e 2º de Primaria puideron disfrutar dun espectáculo fantástico, O País dos Mandóns. Pasárono moi ben !!! Damos por inaugurada a Bilioteca de Lectorio. Non vos perdades as novas que iremos publicando no Blogue.