jueves, 16 de marzo de 2023

RADIO NA BIBLIO,MULLERES CIENTÍFICAS

 E seguimos mostrándovos as cousiñas que van facendo os nosos nenos e nenas  na radio. Desta volta, as nenas e nenos da clase de 2º A, da man da súa profe Mary , fixeron un fantástico traballo de investigación sobre mulleres científicas, potenciando a importancia de facer das nosas nenas e nenos científicos do futuro que farán deste mundo , un sitio mellor.  Non vos perdades o seu programa sobre mulleres científicas.








miércoles, 15 de marzo de 2023

RADIO NA BIBLIOTECA DE LECTORIO

 Moi boas familias! 

Xa tiñamos ganas de mostrarvos os nosos primeiros traballiños, que non os únicos, da radio escolar. 

Este curso , despois dunha formación e de invertir cartos en todos os equipos necesarios para botala andar , podemos dicir que estamos de estrea. 

En breve , diporemos dun apartado tanto na nosa web como no blog de Lectorio onde poderedes ir escoitando os nosos traballos radiofónicos.



PROGRAMA SOBRE CANADÁ  (CLASE DE 5 ANOS)

Os nenos e nenas da clase de 5 anos fixeron este mágnifico programa onde nos conta  aspectos interesantes e curiosidades das cidades máis importantes de Canadá. Da man da súa profe Susana, que estivo en terras canadienses, durante o mes de novembro, grazas ao programa Piale, descubriron un montón de cousas sobre este país. non volo perdades