Moi boas familias!
Xa tiñamos ganas de mostrarvos os nosos primeiros traballiños, que non os únicos, da radio escolar.
Este curso , despois dunha formación e de invertir cartos en todos os equipos necesarios para botala andar , podemos dicir que estamos de estrea.
En breve , diporemos dun apartado tanto na nosa web como no blog de Lectorio onde poderedes ir escoitando os nosos traballos radiofónicos.
PROGRAMA SOBRE CANADÁ (CLASE DE 5 ANOS)
Os nenos e nenas da clase de 5 anos fixeron este mágnifico programa onde nos conta aspectos interesantes e curiosidades das cidades máis importantes de Canadá. Da man da súa profe Susana, que estivo en terras canadienses, durante o mes de novembro, grazas ao programa Piale, descubriron un montón de cousas sobre este país. non volo perdades
No hay comentarios:
Publicar un comentario