martes, 25 de diciembre de 2012

VISITOUNOS O APALPADOR!!

     O día 21 de decembro recibimos na biblioteca a visita do Apalpador, quen como sempre nestas datas, baixa da súa morada nas montañas do Courel para visitar aos nenos e nenas do noso cole. Días antes estivemos coñecendo distintos aspectos do xigante carboeiro: onde están as montañas que el habita, a flora e a fauna do Courel, a súa vestimenta...O apalpador agasallounos con regalos feitos coas súas propias mans con materiais de refugallo ou con cousas que todos temos nas nosas casas:  tróuxonos pulseiras, cabaliños, reloxos, monicreques, axendas... Da man desta mítica figura traballamos os seus valores anticonsumistas, de respecto á natureza e de solidaridade entre todas e todos nós.
Finalmente  cantámoslle unha cantiguiña para que volte a visitarnos o ano que ven.























miércoles, 12 de diciembre de 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO

Hoxe ás 12:00 secundamos no noso cole, como outros colexios de Galicia, a iniciativa da CGENDL de render unha homenaxe pública a Celso Emilio Ferreiro "porque si, porque nos gosta, porque nos peta e nos da a gana", recitando colectivamente no patio, todos, alumnado e profesorado, o seu poema "Deitado frente ao mar", como símbolo de valores de solidaridade e xustiza e tamén, de compromiso coa cultura e lingua galega.

Para ler o poema preme AQUÍ
Precioso poema e precioso vídeo que, desgrazadamente, nestos tempos segue de actualidade.

lunes, 10 de diciembre de 2012

O 12 do 12 do 2012 ás 12

O mércores, día 12 ás 12, sumarémonos á proposta da CGEDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) de homenaxear a Celso Emilio Ferreiro con motivo do centenario do seu nacemento, cun acto colectivo de recitado do poema "Deitado fronte ao mar".

Para acceder ao material elaborado pola Biblioteca do "IES Concepción Arenal" sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro preme AQUÍ

O "IES As Barxas" colabora nesta iniciativa, ademais co seguinte vídeo



Deitado frente ao mar I from Seso Durán on Vimeo.

lunes, 3 de diciembre de 2012

VOLVE O APALPADOR !!

     O Apalpador é unha  figura mítica do Nadal galego, home máxico e bondadoso de profesión carboeiro e defensor da natureza e da comida saudable que vén das montañas do leste de Lugo para agasallar aos nenos e nenas con cousiñas que non compra, senón que fai ou recicla.
     Para recuperar esta figura como propia, no cole facemos unha pequena contribución investigando sobre o seu aspecto, a zona onde vive, a súa vestimenta, hábitos, etc. e fomentando actitudes non consumistas e de coidado dos recursos naturais.



     Recuperamos unha montaxe elaborada o curso pasado.



Para saber máis do Apalpador AQUÍ atoparemos máis recursos que nos proporciona a Biblioteca Victor Sáenz.