sábado, 23 de noviembre de 2013

DÍA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

     Cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller , aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999 en memoria das irmás Mirabal.
     No noso cole queremos sumarnos a esta conmemoración cunha serie de actividades que axuden a tomar conciencia  sobre a violencia de xénero e a reflexionar sobre que tamén son agresións, aínda que non sexan físicas, as humillacións e o poñer límites ao desenvolvemento persoal.
    A imposición de determinados cánones de beleza, sobre todo ás mulleres, non é tamén maltrato?. Este vídeo axudaranos a reflexionar sobre elo.


jueves, 21 de noviembre de 2013

OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

     Tal día como onte, 20 de novembro de 1950, foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas a Declaración dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.
     Na biblioteca de Lectorio durante esta semana, están expostos libros con esta temática o que nos axudará a reflexionar sobre a problemática que padecen algúns nenos e nenas.
Volvemos a poñer o conto metafórico "El cazo de Lorenzo" que nos fala das dificultades que teñen que superar algunhas persoas para superarse.

viernes, 15 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

Click to play this Smilebox slideshow

Hoxe no noso cole celebramos o Magosto e tamén o XI Concurso de Doces de Outono. Houbo moita participación por parte das familias, aportando doces do máis variado. Grazas a todos por colaborar para que este concurso vaia xa pola décimo primeira edición. Neste Magosto contamos tamén cun mercadillo a cargo do alumnado de sexto e cremos que foi todo un éxito.
 
 

jueves, 14 de noviembre de 2013

KAMISHIBAI: A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA





Hoxe os nenos e nenas  de Educación Infantil disfrutaron do Kamishibai " A castaña que rebentou de risa".  Pasáronno pipa grazas aos debuxos feitos polos colaboradores da biblioteca e a narración a cargo de Mari, responsable da Biblioteca de Lectorio.

lunes, 11 de noviembre de 2013

ESTAMOS PREPARANDO O MAGOSTO

      O día 15 celebraremos unha das festas tradicionais galegas  máis populares: O MAGOSTO. Festa de exaltación da castaña pola importancia que tivo na alimentación dos galegos e galegas noutros tempos.
      Para saber máis sobre esta celebración estamos investigando utilizando os recursos da biblioteca.

Nos seguintes enlaces podemos atopar moitas ideas e recursos sobre a temática do Outono e o Magosto:

--Object------------

domingo, 3 de noviembre de 2013

UF! QUE MEDO!!

       Nas datas do SAMAÍN os celtas tiñan as crenzas de poñer nas portas das súas casas caveiras iluminadas para afastar as ánimas, de ahí ven a tradición de facer caveiras con cabazas e melóns.
       Durante esta semana no cole conmemoramos O SAMAÍN cunha serie de actividades arrepiantes que meteron moito, moito medo.

  • Selección e exposición de fondos da Biblioteca coa temática do medo, misterio, terror...
  • Lecturas de contos de medo na Biblioteca por parte das encargadas na hora do recreo.
  • Visualización do conto Fiz, o coleccionista de medos na Biblioteca.
  • Búsqueda de estratexias para reducir e canalizar os medos. Para superar o medo temos que enfrontarnos a el. Por iso, os nenos e as nenas reflexionaron e escribiron sobre A que lle teñen medo?.
  • II Certame de Relatos de Medo. Os alumnos e alumnas e as súas familias participaron na creación e recompilación de historias fantásticas e misteriosas. 
  • Exposición de cabazas decoradas polas familias onde a imaxinación foi a protagonista.
  • Túnel do Terror. O día 31 o corredor foi o escenario dunha experiencia medoñenta e monstruosa chea de pantasmas, vampiros, meigas...