This slideshow design personalized with Smilebox |
domingo, 9 de noviembre de 2014
OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL
Este xoves , os alumnos de 5º e 6º de Primaria puideron disfrutar dun obradoiro de tradición oral a cargo de Xosé e Alberto Barreiro "Warren" da Editorial Kalandraka. O obxectivo desta actividade era celebrar a semana da Literatura de Tradición oral. Os nenos tiveron que diseñar unhas coplas, buscarlle unha música e, o que resultou máis divertido de toso, cantalas. Aquí tedes unha pequena mostra.
martes, 4 de noviembre de 2014
III CERTAME DE CONTOS DE MEDO
Grazas a todos aqueles que participachedes no certame , tanto alumnos como pais/nais, avós/avoas,...
SAMAÍN 2104
Como cada ano celebramos o Samaín coa tradicional exposición de cabazas, algunhas delas certamente terroríficas. Aquí tedes unha pequena mostra.
martes, 28 de octubre de 2014
miércoles, 22 de octubre de 2014
VISITA DE AUTOR: ANTÓN CORTIZAS
Hoxe tivemos a grande sorte de que nos visitara na nosa biblioteca un grande escritor, Antón Cortizas. Quixemos que fose él o que dese por inaugurada a biblioteca este curso e conmemorara con nós o día das bibliotecas escolares. E quixemos que fose él porque ademáis de ser escritor, é mestre, ademáis de ser un escritor galego é da nosa zona, Ferrolterra, ademáis de fomentar a lectura gústalle motivar para ela. Non tedes máis que ver as fotos para comprobar o ben que o pasaron os nenos e nenas de Infantil e Primeiro ciclo. Dous dos contos máis lidos polas mestras de Infantil nas aulas foron os protagonistas hoxe: Contín Contón e Sopra neste furadiño.
Grazas Antón!!!
martes, 21 de octubre de 2014
jueves, 16 de octubre de 2014
BOLSAS QUE VAN E VEÑEN
Xa comezaron a circular en Educación Infantil as bolsas que veñen e van. Os nosos primeiros viaxeiros ían encantados coas súas bolsiñas nas que Lectorio depositou as súas recomendacións.
martes, 30 de septiembre de 2014
ESTAMOS DE VOLTA
Dende a biblioteca de Lectorio queremos darvos a benvida a este curso 2014-2015. Xa está todo preparado para que a biblioteca abra as súas portas mañá. Uns se foron outros chegaron pero o que sigue ahí é a mesma ilusión de sempre por facer que os nosos pequenos e pequenas difruten, descubran, investiguen, aprendan, .... na nosa biblioteca. Quedades todos convidados!!!! Adiante
lunes, 16 de junio de 2014
miércoles, 21 de mayo de 2014
REVISTA ANDAR 2014
Como cada ano polas Letras Galegas, publicamos a revista Andar. Este ano con moitos artigos e publicacións relacionados co PDI "Os Animais" que levamos traballando dende principio de curso por iniciativa da Biblioteca de Lectorio. Esperamos que vos guste.
lunes, 12 de mayo de 2014
TROCOLIBRO
Como cada ano, tivemos o Trocolibro no que , como podedes observar na foto, houbo moita participación
APADRIÑAMENTOS LECTORES
O pasado mes de Abril foi un mes cheo de actividades na Biblioteca de Lectorio. Entre outras moitas cousas, celebramos os apadriñamentos lectores, actividade que gusta moito tanto aos rapaces grandes como aos pequenos. Aquí tedes unha pequena mostra.
martes, 11 de marzo de 2014
PDI "OS ANIMAIS"
Os nenos e nenas de 5 anos estamos inmersos no PDI do centro "Os animais". Estamos a investigar sobre animais do monte galego e, para empezar, quixemos facer uns debuxos para que as nosas profes viran o que sabiamos deste tema e quedaron moi sorprendidas. Aquí tedes a mostra.
ANIMAIS DO MONTE GALEGO
ANIMAIS DO MONTE GALEGO
lunes, 20 de enero de 2014
PREPARANDO O DÍA DA PAZ
Estes días estamos dedicándonos na Hora de Ler, a realizar lecturas de textos relacionadas coa PAZ que se atopan na zona de exposicións da Biblioteca. Con motivo da morte de Nelson Mandela, traballaremos especialmente esta importante figura que tanto fixo pola igualdade e a dignidade das persoas.
miércoles, 8 de enero de 2014
BENVIDO 2014!!
Con esta ilustración de Isol Misenta, autora e ilustradora de preciosos libros de literatura infantil, queremos desexarvos a todos e a todas un venturoso ano cheo de gozosas e compartidas lecturas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)