sábado, 23 de abril de 2016
viernes, 22 de abril de 2016
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Hoxe vos amosamos as imaxes dos apadriñamentos das nenas e nenos máis peques por parte dos máis veteranos do cole, actividade preogramada para a celebración do Día do libro que se conmemora mañá. A choiva deu tregua e tivo lugar no patio e como podedes ver estiveron moi atentos e disfrutaron moito das lecturas.
jueves, 21 de abril de 2016
VI TROCOLIBRO
E xa está todo preparado para o Trocolibro!!!.Por sexto ano consecutivo Lectorio quere agradecer a participación do alumnado e as familais nesta actividade, sen vós non sería posible. Espera que no troco vos fagades con algún exemplar que vos guste e do que disfrutedes coa súa lectura, que é do que se trata.
CONTA-CONTOS
Como ben anunciou Lectorio,co gallo do Día do Libro, hoxe o alumnado de educación infantil puido disfrutar dunha conta-contos moi especial.
O que a caracterizaba era que a lectura a facía en inglés e para educación infantil contou "The very hungry Caterpillar"("La oruga glotona", libro que disponemos na biblioteca en galego).
Pero tamén as nenas e nenos de 3º e 4º de educación primaria disfrutaron de un todo un clásico en Inglaterra, "The gruffalo" ( ejemplar do que disponemos na biblio pero en castelán)o rato ao que todos querían comer pero a súa intelixencia conseguiu evitálo.
Queremos agradecer a Libros ceives que é a asociación, sen ánimo de lucro, que organiza esta actividade de animación á lectura e que ten o fin de achegar os libros e difundir a lectura na poboación. Lectorio encantado de coñecer a persoas que, coma el, teñen a mesma teima.
Agora Lectorio espera "a vosa opinión"!!!
miércoles, 20 de abril de 2016
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN
Dende a Biblioteca de Lectorio queremos animarvos a visitar a Biblioteca do Concello que cada semana organiza alguna actividade axeitada para nenas e nenas. Nesta ocasión levan a cabo un mercadillo de libros que tal vez vos interese..
DÍA DO LIBRO
Co gallo do día do Libro, o vindeiro sábado 23 de abril, Lectorio vai a organizar un conta-contos moi especial para Educación infantil e para algún cursos de primaria.
Un ano mais lévase a cabo venres o Trocolibro. Lectorio anímavos a que acheguedes ata tres libros á biblioteca do cole e poder trocálos por outros.
Recordade que deben estar en boas condicións e adaptados á idade da nena ou neno que o leve.
Esperamos a vosa participación!
E como podedes ver as nenas e nenos do cole están comezando a celebrar este día elaborando os seus propios libros que poderedes ler cando entredes no cole.
E se xa estades dentro, visitade a Lectorio!! xa empeza a ter preparados añgúns exemplares co gallo desta data.
domingo, 10 de abril de 2016
LETRAS GALEGAS 2016
Lectorio quere informarvos, por se todavía non o sabedes, de que este ano, o autor homenaxeado nas Letras Galegas será Manuel María. No cole temos plans para divulgar como ben merece a súa obra. Iremos informando
miércoles, 6 de abril de 2016
CONTA-CONTOS
O alumnado de 1º e 2º de educación primaria puideron disfrutar dun conta-contos.
Iago López dramatizou Feliz feroz: un lobiño riquiño e ao parecer lles encantou. Ademais sairon algún dos nenos e nenas a protagonizar a historia do lobo que non quería ser feroz, a pesar dos intentos da súa familia para que o fose.
".
Lectorio estará atento ás opinión que amoseno alumnado no buzón de "a vosa opinión conta"
martes, 5 de abril de 2016
viernes, 1 de abril de 2016
RECITAL DE POESÍAS DE ROSALÍA
Por fin Lectorio nos trae as imaxes do día do fermoso Recital poético. As nenas e nenos recitaron e dramatizaron nalgún caso, no salón de actos, as poesías que aprenderon e ilustraron para o Día de Rosalía de Castro. O recital tivo o acompañamento de instrumentos musicais por parte de alumnos e alumnas do centro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)