A biblioteca de Lectorio recibiu a visita de Merce e o seu axudante Pipo para darlles una charla aos nenos e nenas da clase de 5 anos sobre primeiros auxilios . Aprenderon o que é unha emerxencia, como actuar en caso de emerxencia, a onde chamar e incluso practicaron como facer unha RCP ao ritmo de Bob Esponja. Esta actividade está programada dentro do proxecto que se leva a cabo na aula sobre o corpo humano.
martes, 22 de noviembre de 2016
domingo, 6 de noviembre de 2016
MÁIS HISTORIAS DE MEDO
Nesta ocasión Luz e Hugo fixeron unha estupenda lectura do conto "Cadavercita roja", tamén novidade da biblioteca de Lectorio. O alumnado de 3º, 4º e 5º de educación primaria quedaron abraiados con esta versión tan orixinal e diferente da tradicional "Caperucita roja".
Un agradecemento especial ao alumnado que colabora con Lectorio sempre que se precisa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)