lunes, 13 de noviembre de 2017
IV CERTAME DE CONTOS DE MEDO
Como parte da celebración do Samaín, Lectorio convocou o IV CERTAME DE CONTOS DE MEDO para todos aqueles nenos e nenas que estivesen interesados en facernos pasar un pouco de medo cun conto escrito por eles mesmos. A verdade é que todos os que participaron resultaron ser mais ca terroríficos!!! Ademais de escribilo, tiveron a sorte de ir lelo polas aulas para que o resto de compañeiros e compañeiras puidesen asustarse un chisco ou moito cos diferentes relatos. Para premiar o esforzo de tódolos esmerados escritores e escritoras, Lectorio fixo entrega na nosa bibioteca a todos eles e elas dun diploma que acreditaba a participación no certame. Noraboa a todos e todas!
Deixámosvos as fotos da entrega de diplomas!
viernes, 10 de noviembre de 2017
Día da Biblioteca
O mes de outubro estivo adicado á biblioteca. O día 14 celebramos o Día das Bibliotecas no que puxemos en marcha as mochilas viaxeiras. Os voluntarios/as de 5º foron repartindo as mesmas polas aulas e explicando o seu contido e funcionamento, coa entrega dos contratos e das mochilas. Comezamos tamén a traballar o P.D.I. deste ano, titulado "VIRXE DO MAR, 50 ANOS APRENDENDO A PENSAR" que xirará en torno ao 50 aniversario do noso cole. Este mes e baixo o lema "O LIBRO DA SELVA, 50 ANOS" cada clase traballou o 50 aniversario desta obra de Rudyar Kipling con un exemplar do mesmo e elaboramos dous murais sobre esta obra. Ademais o venres 27 proxectamos a película orixinal de dita obra. Aquí vos deixamos unhas cantas fotos sobre as diferentes actividades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)