lunes, 26 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA





No noso cole quixemos rendir unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro e para iso xuntámonos  no patio para cantar Xan, un poema de Rosalía musicalizado por Uxía. Agardamos que vos guste.

viernes, 23 de febrero de 2018

2º E. P. na Biblioteca Municipal de Narón

O alumnado de 2º E.P. visitou a Biblioteca Municipal de Narón. Un recurso máis que o alumnado ten para fomentar o importantísimo hábito da lectura. Agora a facerse socios/as e disfrutar en familia de tódolos libros e demais recunchos que alí hai.

Algunhas instantáneas da visita deixámosvolas aquí...





jueves, 22 de febrero de 2018

Martin Hutchinson, "O camiñante verde" na nosa biblio

A semana pasada tivemos unha visita moi especial. Martin Hutchinson, un bombeiro de Manchester que leva percorrendo o mundo para concienciarnos sobre os tremendos danos medioambientais que estamos a facerlle ao noso planeta, onde o lixo e o plástico forman parte xa da nosa paisaxe, anegando ríos e acumulándose nos nosos mares e océanos. Aproveitando o seu paso pola nosa cidade acercouse ata o noso centro para darlles unha pequena charla sobre este grande e crecente problema ao alumnado de 5º e 6º de E. P.




Martin non veu só, acompañábao Starsky, un can abandoado que recolleu no Algarve (Portugal) e que se converteu no seu compañeiro de camiño dende entón. Agora forman unha parella moi televisiva ochenteira, Starsky & Hutch.



Podedes saber algo mais deste camiñante verde e da súa labor de concienciación a todos e todas nestes dous enderezos na internet.

http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/alicante/2016/11/14/5828af4622601d76438b4626.html

http://www.laopinioncoruna.es/multimedia/videos/a-coruna-metro/2018-01-08-135388-martin-hutchinson-perro-starsky-corua-para-luchar-medio-ambiente.html

martes, 6 de febrero de 2018

DÍA DA PAZ

Este ano cúmprense os 100 anos do nacemento de Nelson Mandela, Premio Nóbel da Paz en 1993. Por iso, unha das actividades para celebrar o Día da Paz foi a elaboración dun pequeno mural onde se reflectían algunhas das frases mais significativas deste personaxe tan importante como referente da Paz. Traballaron unha frase cada aula, dende Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria e o resultado foi o que podedes ver a continuación.





Ademais, Lectorio elaborou unha lista de libros relacionados coa Paz e colocounos nun pequeno recuncho da nosa biblio



No patio cantamos e bailamos unha versión en galego do coñecido "Give peace a chance" de John Lennon. O alumnado de 5º representou en Acrosport a palabra paz en varias linguas. Mirade que ben nos saiu todo...












jueves, 1 de febrero de 2018

CONTACONTOS KALANDRAKA

O dia 23 visitaron a biblio de Lectorio Sara e Álex, dous contacontos da Editorial Kalandraka que entretiveron a todo o alumnado de Educación Infantil con contos como "Un mais", "Cores" ou "A horta de Simón". Todos eles están á vosa disposición na nosa biblio.
A actividade foi un éxito total. Sara e Álex conseguiron que todos os nenos e nenas estivesen atentos ás súas historias dende o comezo ata o final. Felicitámolos dende aquí. Bravo!!!! Lectorio tamén quere felicitar a todo o alumnado de E. I. porque tamén o fixeron xenial. Outro grande aplauso para todos e todas, si señor!!!
Aquí vos deixamos algúns momentos do contacontos...