Unha das actividade que o alumnado do Programa TEI (3º e 5º E. P.) fixeron para seguir con ese vínculo entre "padriños" e "madriñas" e os seus "afillados/as" foi a actividade "Hai versos para min?". Consistía en que cada un deles/as, madriñas-padriños-afillados/as, debía escribir un verso para a nena ou neno que fose a súa parella no TEI. Lectorio foi testemuña das caras de sorpresa e alegría que ían poñendo todos e todas ao recibir e ler cadanseu verso. As fotos dino todo...
lunes, 23 de abril de 2018
martes, 10 de abril de 2018
DIA DA POESÍA 2018
Con motivo do Día da Poesía que se celebra o 23 de marzo, e para conmemorar tamén o 50 aniversario dos "Soños na gaiola" de Manuel María no noso cole todo o alumnado, dende Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria prepararon unha poesía desta obra que recitaron no salón de actos. Lectorio quedou abraiado do ben que o fixeron todos e todas. Enriba do escenario demostraron todo o traballo e o esforzo previo para preparalas. Que artistazos/as temos no cole amigos e amigas!!!
Ben se ve nas fotos que aquí vos deixamos de cada curso...
miércoles, 4 de abril de 2018
Visita María Canosa
Durante o 2º e 3º trimestres o alumnado de 5º e 6º está a ler na aula "Muriel" de María Canosa. Por este motivo tivemos a sorte de contar na nosa biblio coa visita da autora para falar con tódolos nenos e nenas destes cursos sobre esta obra e outras cousiñas da súa vida e obra. Foi unha moi grata experiencia para todos e todas. Un grandísimo pracer e moitísimas grázas pola visita María!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)