Novamente este ano no noso cole decidimos facer os premios da Paz, no que sairá premiado un alumno/a de cada aula. Esa alumna/o será o que respecte as normas do centro, coide os materiais, axude aos compañeiro, etc.
Nas aulas os nenos e nenas cubriron unha encuesta para ver cales dos seus compañeiros son os mais adecuados para recibir este premio.

Do primeiro sondeo saíron catro candidatos e hoxe celebrouse a votación na nosa biblioteca e votamos para elexir a un premiado de cada aula.
Foi unha actividade moi divertida na que os nosos nenos/as disfrutaron moito!
Mañá na celebración do día da Paz otorgaráselles os alumnos o diploma dos premios da Paz.
