No Virxe do Mar gústanos recuperar tradicións antigas da nosa terra e facer partícipes aos nosos pequenos e pequenas desas tradicións. O Apalpador é unha desas figuras que queremos recuperar e por iso traballámola nas aulas. Este traballo ten como colofón a visita do Apalpador en persoa, cargadiño de agasallos feitos de madeira para os nosos pequenos e pequenas de infantil , primeiro e segundo.
miércoles, 23 de diciembre de 2020
sábado, 19 de diciembre de 2020
NADAL NO VIRXE DO MAR
Este mes de Nadal tivemos un montón de actividades tanto na biblioteca como no resto do centro. Como todos os anos tivemos o tradicional concurso de postais. Neste Genially podedes acceder aos gañadores e aun pequeno video ao final coas cousiñas que estivemos facendo cos nenos e nenas ao longo deste mes.
jueves, 17 de diciembre de 2020
CONCERTO DE A GRAMOLA GOMINOLA
Hoxe a nosa rapazada puido disfrutar do concerto de A Gramola Gominola. Como gozaron!! Que gusto daba velos saltar , corear e brincar. Que falta facían estes momentos. Grazas a Paco, Paula, Anxelo e Rodrigo polo fantástico espectáculo. Pero o que máis disfrutou de todos foi o noso Lectorio. Aquí o tedes, en primeira plana
E agora a disfrutar con eles no seguinte video
De novo grazas o ANPA GALATEA facer posible esta actuación
miércoles, 16 de diciembre de 2020
O MELLOR AGASALLO : UN LIBRO
Achégase o Nadal e dende a biblioteca de Lectorio animámosvos a que nas vosas cartas incluades algún libro. Aquí tedes a selección de Lectorio para este Nadal 2020.
CONCERTOS DE NADAL
Ola familias!!!
Xa está por rematar este trimestre tan extraño e que penso que superamos con nota grazas aos pequenos e pequenas e as súas familias.
Este ano non podemos facer grandes festas colectivas pero non podíamos deixar de despedir o trimestre con algo especial.
Tras falar coa nosa ANPA decidimos que os nosos nenos e nenas merecían un gran concerto de despedida de trimestre, así que con parte da aportación económica deles e outra parte que puxo o cole imos poder disfrutar dos concertos de ........
A GRAMOLA GOMINOLA : actuará mañá, 17 de decembro para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º.
sábado, 5 de diciembre de 2020
BAILE DE CORES NA BIBLIOTECA DE LECTORIO
As nenas e os nenos da clase de 3 anos tamén quixeron unirse ás actividades do mes da ciencia e fixeron un divertido experimento. Tomando como motivación o conto Pequeno Azul , pequeno amarelo foron descubrindo que pasa se poñemos en contacto leite, colorante e xabrón. O resultado foi moi vistoso. Aqui tedes unha pequena mostra.
LECTORIO E MÁIS CIENCIA
Non vos perdades este video co experimento que fixeron os nenos e as nenas de 2º de Primaria. Chegaron a unhas conclusións certamente interesantes. Son uns auténticos científicos e científicas. Atentos e atentas aos seus consellos.