lunes, 20 de diciembre de 2021
EXPOSICIÓN ANIMAIS DO MAR CON MATERIAIS DE RECICLAXE
domingo, 5 de diciembre de 2021
3 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de Decembro celébrase o día internacional das persoas con discapacidade e no cole intentamos crear conciencia da problemática que teñen as persoas que sufren algún tipo de discapacidade no seu día a día . Formar ciudadáns máis solidarios, empáticos e con valores de axuda e colaboración cara as persoas que os necesitan é o noso obxectivo. Aquí tedes unha pequena mostra das actividades que fixemos
miércoles, 1 de diciembre de 2021
25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Este mes tamén estivemos traballando o tema da violencia contra a muller. Unha lacra social que é tarefa de todos e de todas tratar de erradicala. Lectorio preparou os seus carros con contos sobre a igualdade para que nas clases puidesemos traballar o tema. Ademáis daas actividades en cada titoría, tivemos o concurso de chapas, manifesto pola igualdade, baile contra a violencia, ... Podedes ver todas as actividades no seguinte enlace
MES DA CIENCIA
domingo, 7 de noviembre de 2021
SOS A TERRA
Este ano Lectorio ten unha encomenda moi importante: Salvar o Planeta. Por iso , preparou esta caixa chea de libro e contos relacionada co coidado da natureza, o reciclaxe, ... e que darán inicio ao Proxecto Documental Integrado deste ano: SOS A TERRA. A caixa viaxará por todas as aulas do cole para que nos poida axudar a fomar alumnado máis concienciado polo cambio climático, o reciclaxe e o coidado da natureza.
lunes, 1 de noviembre de 2021
SAMAÍN E MAGOSTO 2021
jueves, 28 de octubre de 2021
ACTIVIDADES SAMAÍN
No seguinte enlace podedes disfrutar dun fantástico Genially sobre o Samaín
https://view.genial.ly/61575c7175267b0e312bca8e/interactive-content-xogo-samain
domingo, 24 de octubre de 2021
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Ola familias!!!
Escollimos este día tan especial para as bibliotecas para facer a nosa primeira entrada no blog neste curso 2021/2022. Durante estas semanas estivemos traballando para darlle a nosa bilbioteca a mellor das inaguracións e quixemos facelo cun mural impresionante nunha das fachadas do noso centro. Este mural, con moito significado, foi feito por Arturo Domínguez , antiguo alumno do cole . O alumnado de 5º de Primaria colaborou no remate final do mural pintando as bandeiras con mensaxe que dan significado ao mural e que quixemos poñer en valor entre o noso alumnado:
jueves, 10 de junio de 2021
MISIÓN : AS PLANTAS
Aquí dexamosvos un fabuloso traballo do alumnado de 2º de Primaria sobre as plantas . Un proxecto de investigación que os levou a facer un montón de actividades relacionadas con esta temática: elaboración de xabrón, creaccións artísticas imitando a Chema Madoz, Podcast sobre Xela Arias, ....
martes, 25 de mayo de 2021
APADRIÑAMENTOS LECTORES POR XELA ARIAS
jueves, 20 de mayo de 2021
FICHEIRO DE XOGOS POPULARES
En colaboración co profe de Educación Física , dende a biblioteca iniciouse unha actividade para promover os xogos populares no noso alumnado. Ademáis de compartir numerosa bibliografía que temos a disposición do alumnado, practicar estes xogos na clase de Educación Física e no recreo, creouse un ficheiro no que participaron os alumnos e alumnas de Educacion Primaria e que permanecerá na nosa biblioteca para disfrute e consulta da rapazada. Agora, grazas as novas tecnoloxías, tamén podedes disfrutar vos deste ficheiro.
jueves, 13 de mayo de 2021
BLUES DE XELA ARIAS
martes, 11 de mayo de 2021
LETRAS GALEGAS 2021: COÑECENDO A XELA ARIAS
Ola familias!!!
Ao longo destes días imos ir poñendo cousiñas para aprender e xogar coa figura de Xela Arias, a homenaxeada no día das Letras galegas 2021. Grazas aos compañeiros e compañeiras do Seminario Galán por publicar estas magníficas actividades.
https://view.genial.ly/6032a173e83a900d217a8923/presentation-xela-infantil
jueves, 6 de mayo de 2021
SEMANA DO LIBRO
E aquí deixamos as fotos da actividade estrela da biblioteca na Semana do Libro. Ginkana e xogo de pistas. Todos os nenos e nenas do cole foron pasando pola biblioteca por equipos e , seguindo as indicacións das profes Cris e Chus , tiñan que ir averiguando e descubrindo pistas que os levarían a atopar os libros agochados. Pasárono moi ben .