domingo, 28 de febrero de 2021

BAILAMOS CON E POR ROSALÍA

As nenas e os nenos de Educación Primaria quixeron festexar o día de Rosalía bailando Galicia de Adhara and Ritman. Ataviadas coas súas caroutas de Rosalía de Castro e cunha coreografía preparada polo profe Carlos, pasárono xenial

SEMPRE ROSALÍA

As nenas e os nenos de Educación Infantil adicaron toda a semana a traballar a figura de Rosalía. Participaron de varias actividades das que disfrutaron moito. Aquí tedes unha pequena mostra.

lunes, 22 de febrero de 2021

APRENDEMOS CON ROSALÍA DE CATRO

 Se queredes  aprender cousas da nosa escritora máis famosa non vos perdades os seguintes  Genially feitos por outra compañeira doutro cole (Martuky PF) e polos compoñentes do Seminario Galán.  So tedes que ir clicando e navegando polos diferentes apartados e descubrir a vida e obra de Rosalía.


SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O vindeiro mércores 24 de febreiro celebraremos o día de Rosalía e a biblioteca de Lectorio xa vai tomando cor entorno a nosa máis famosa escritora. Grazas ao material aportado pola biblioteca xa nas aulas estase a traballar a figura de Rosalía.






viernes, 12 de febrero de 2021

ESCOLA DE FAMILIAS DO CONCELLO DE NARÓN

 Ola familias!

Como todos os anos queríamos animarvos a participar na Escola de familias que organizan dende o concello de Narón. Este ano, a causa da pandemia, non virán polo centro a dar información e animarvos a participar pero si que nos fixeron chegar este video para que o compartamos con vos. 





 
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

martes, 2 de febrero de 2021

TALLERES ARTÍSTICOS NA SEMANA DA PAZ

 Durante a semana pasada en varias clases traballouse a temática da paz englobando arte, linguas, creatividade... Traballouse a lingua a través do traballo coas palabras que indican paz e que logo quixeron plasmar na pizarra da nosa bibloteca

 
 
Como os nenos e as nenas de 2º que fixeron un abecedario da paz, previamente traballado na pizarra 









O resultado final do noso encrucillado pola Paz non está mal non?









Ademáis do traballo coa lingua algunhas clases tamén se dedicaron a traballar o arte a través da paz, como foi o caso dos nenos e as nenas de 2º que pintaron unhas mandalas chulísimas

 

 

E a clase de 4 anos quixo aceptar o reto de Lectorio e convertirse en artistas ao estilo de Romero Britto, artista brasileño que combina na súa obra elementos do cubismo , do arte pop e o graffiti. Estas nenos e nenos utilizaron diferentes técnicas para recrear as súas obras.






E con todos estes cadros quixeron facer unha pequena exposición no patio do cole para que todos e todas puidesen disfrutar das súas obras de arte