viernes, 12 de marzo de 2021

A MULLER NA PRENSA


Durante esta semana, as nenas e os nenos do cole estiveron a traballar con noticias da prensa nas que as protagonistas eran mulleres. Foron noticias moi diversas e con actividades moi diferentes das protagonistas: deportistas, científicas, veterinarias,.... Mulleres da nosa comarca e mulleres de paises afastados. Todas elas destacadas en algunha faceta da súa vida . 

martes, 9 de marzo de 2021

As nenas e nenos de segundo traballan pola igualdade

 Non vos podedes perder o traballo que fixeron as nenas e os nenos de segundo a raíz da lectura dun libro dos Bolechas que lles prestou Lectorio.



domingo, 7 de marzo de 2021

8 DE MARZO . DÍA DA MULLER

 Queremos poñer por aquí algunhas actividades divertidas para facer cos rapaces e rapazas e que podedes animarvos dende casa a facelas con eles. Aprendemos a vida  de mulleres importantes á vez que o pasamos ben.



PASAPALABRA

8 de MARZO .DÍA DA MULLER

Achégase un día especial na biblioteca de Lectorio e no nosos cole: 8 de marzo, Dia da muller. Día para reivindicar, porque aínda queda moito por facer en temas de igualdade. Queremos aportar o noso gran de area e , a través dunha serie de actividades organizadas dende a biblioteca e dende as titorías, dotar aos nosos nenos e nenas de pensamento crítico, empático ,.. e poñer en valor coñecementos e actitudes que axuden a facer unha sociedade igualitaria. Por qué eles e elas son o futuro e de eles elas dependerá que non sexa necesario un 8 de marzo, símbolo de que conseguiríamos a IGUALDADE de homes e mulleres. Para ir quentando motores , ímosvos mostrar unha serie de debuxos reivindicativos feito polos nenos e nenas de 5º e 6º e que forman parte da exposición de libros e material dos que dispoñemos na biblioteca para traballar este día.














Como vedes , temos uns verdadeir@s artístas no noso cole!! Noraboa!!