martes, 25 de mayo de 2021

APADRIÑAMENTOS LECTORES POR XELA ARIAS

Os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, puideron dsfrutar da lectura dun conto de Xela Arias a cargo do alumnado de sexto. Sempre é un gustazo ver como as nenas e nenos máis maiores do cole disfrutan léndolle aos máis pequenos e como estes escoitan con moita atención.



jueves, 20 de mayo de 2021

FICHEIRO DE XOGOS POPULARES

 En colaboración co profe de Educación Física , dende a biblioteca iniciouse unha actividade para promover os xogos populares no noso alumnado. Ademáis de compartir numerosa bibliografía que temos a disposición do alumnado, practicar estes xogos na clase de Educación Física e no recreo, creouse un ficheiro no que participaron os alumnos e alumnas de Educacion Primaria e que permanecerá na nosa biblioteca para disfrute e consulta da rapazada. Agora, grazas as novas tecnoloxías, tamén podedes disfrutar vos deste ficheiro.

 


jueves, 13 de mayo de 2021

BLUES DE XELA ARIAS

    
En primicia mundial presentámosvos o Blues de Xela Arias, porque no noso cole somos moi artistas. Con música do profe Carlos e voz do profe Nacho acompañados dos debuxos dos nenos e nenas de Primaria temos esta fantastica proposta de debuxar o que nos inspira este blus de Xela Arias

REVISTA ANDAR 2021

 Aquí tedes  a Revista Andar 2021 . Agardamos que vos guste

jueves, 6 de mayo de 2021

SEMANA DO LIBRO

 E aquí deixamos as fotos da actividade estrela da biblioteca na Semana do Libro. Ginkana e xogo de pistas. Todos os nenos  e nenas do cole foron pasando pola biblioteca por equipos e , seguindo as indicacións das profes Cris e Chus , tiñan que ir averiguando e descubrindo pistas que os levarían a atopar os libros agochados. Pasárono moi ben .