viernes, 23 de diciembre de 2022
martes, 13 de diciembre de 2022
DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS/ DEREITOS HUMANOS
Ao longo desta última quincena , estivemos traballando nas aulas os Dereitos Humanos , tanto os dos nenos e as nenas como os universais. Quixemos plasmalo nun libro onde cada clase ilustrou un dereito. Este libro xa forma parte do catálogo da biblioteca de Lectorio pero para que non volo perdades, tedes aquí un video.
EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE OS DEREITOS HUMANOS E DEREITOS DA INFANCIA
miércoles, 30 de noviembre de 2022
MES DA CIENCIA
viernes, 25 de noviembre de 2022
25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Concienciar ao noso alumnado sobre esta lacra social e facer deles cidadáns do futuro capaces de erradicar toda violencia contra a muller é un dos obxectivos que nos plantexamos sempre cando propoñemos actividades para os rapaces e rapazas. Concurso de lemas e chapas, visionado de cortos e posterior debate, Marcha contra a violencia, actividades promovidas pola FANPA, son algunhas das actividades que se fixeron este ano e que podedes ver con detalle na páxina web.
Dende a Biblioteca de Lectorio propuxemos lecturas e contos para traballar o tema e facer reflexionar.
lunes, 31 de octubre de 2022
Sesión de contos de medo
viernes, 28 de octubre de 2022
INVENTAMOS CONTOS DE MEDO
Unha das propostas da nosa biblioteca foi que cada clase elaborase un conto de medo colaborativo. Aquí tedes o resultado e se queredes velo en orixinal non dubidedes en visitar a nosa biblioteca
lunes, 24 de octubre de 2022
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Na bilblioteca de Lectorio quixemos festexar este día poñendo en valor a figura dos nosos axudantes. Elas e eles fan posible que a nosa biblioteca vaia sobre rodas. Sempre dispost@s, sempre atent@s, sempre querendo axudar. Este curso, temos pleno, porque ainda que é unha actividade voluntaria, o 100% dos rapaces e rapazas de sexto, son COLABORADORES E COLABORADORAS. Este video vai por vós. GRAZAS!!
martes, 18 de octubre de 2022
martes, 4 de octubre de 2022
jueves, 19 de mayo de 2022
REVISTA ANDAR . LETRAS GALEGAS 2022
Como ven sendo trandicional nestas datas, xa tedes , para ver e disfrutar , a revista Andar. Unha pequena escolma de cousiñas que se foron facendo este curso e unha pequena homenaxe ao escritor Florencio Delgado a quen se lle adican este ano as letras galegas.
miércoles, 4 de mayo de 2022
MES DO LIBRO NA BIBLIOTECA DE LECTORIO
Durante o mes de Abril a Biblioteca de Lecctorio estivo inmersa en múltiples actividades para celebrar o mes do Libro: maratóns de lectura, Xincanas e apadriñamentos. Agardamos ter aportado un gran de area no gusto pola lectura ao noso alumnado.
domingo, 27 de marzo de 2022
ANIMACIÓN Á LECTURA
Durante esta última semana tivemos a sorte de disfrutar de 2 sesións de animación á lectura.
Primeiro foi o turno dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria que recibiron a visita de Paco Nogueiras que a través de contos e cancións conseguiu encandilar aos nosos pequenos de primaria.
lunes, 7 de marzo de 2022
Maletas naturalista
Xa temos no noso centro a Maleta Naturalista prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e divulgación ambiental de Galicia. É unha selección de guías da flora, fauna, fungos, cadernos de campo e outros recursos didácticos. Con ela, preténdese dar a coñecer entre o alumnado o patrimonio natural do noso entorno e , ademáis , fomentar a realización de actividades ao aire libre.
Agardamos que coa axuda deste material, podamos promover no noso alumnado o interese pola naturaleza que o rodea.
ENTROIDO SOSTIBLE
Como ven sabedes, dende a Biblioteca impulsouse o proxecto documental integrado SOS TERRA e , como non podía ser doutra maneira , o noso entroido xirou entorno a esta temática convertindoo nun Entroido Sostible. Aquí tedes unha mostra do que fixemos e o ben que o pasamos
jueves, 24 de febrero de 2022
DÍA DE ROSALÍA
No noso centro estivemos inmersos en diversas actividades para conmemorar o Día de Rosalía. No seguinte video tedes un pequeno avance de todas as cousiñas que estivemos a facer.