domingo, 27 de marzo de 2022

ANIMACIÓN Á LECTURA

 Durante esta última semana tivemos a sorte de disfrutar de 2 sesións de animación á lectura.

Primeiro foi o turno dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria que recibiron a visita de Paco Nogueiras que a través de contos e cancións conseguiu encandilar aos nosos pequenos de primaria.




O xoves , tocoulle o turno aos mais maiores do cole, 5º e 6º que recibiron a visita de Viki Pérez que a través de actividades moi dinámicas e lúdicas representou teatralmente o libro "Unha misión para Clara".










lunes, 7 de marzo de 2022

Maletas naturalista

Xa temos no noso centro a Maleta Naturalista prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e divulgación ambiental de Galicia. É unha selección de guías da flora, fauna, fungos, cadernos de campo e outros recursos didácticos. Con ela, preténdese dar a coñecer entre o alumnado o patrimonio natural do noso entorno e , ademáis , fomentar a realización de actividades ao aire libre. 

Agardamos que coa axuda deste material, podamos promover no noso alumnado o interese pola naturaleza que o rodea.



ENTROIDO SOSTIBLE

 Como ven sabedes, dende a Biblioteca impulsouse o proxecto documental integrado SOS TERRA e , como non podía ser doutra  maneira , o noso entroido xirou entorno a esta temática convertindoo nun Entroido Sostible. Aquí tedes unha mostra do que fixemos e o ben que o pasamos