miércoles, 20 de diciembre de 2023

VISITA DO APALPADOR

 Como é tradicional,  as nenas e nenos de Infantil , 1º e 2º recibiron a visita do Apalpador.














CONTOS DE NADAL

 Durante estes días previos ao Nadal , as nenas e nenos de 4º de Primaria, fixeron de fantñasticos narradores de contos para os máis pequenos do cole. As obras que estamos a ter no cole, obrigaron a ter pechada a biblio uns días pero iso non nos impediu facer estas sesións polas aulas.  Achegar a figura do Apalpador aos nosos nenos e nenas foi un dos obxectivos desta actividade.















domingo, 3 de diciembre de 2023

MES DA CIENCIA

 Durante o mes de novembro estivemos traballando a ciencia nas nosas aulas a través de diversas actividades e experimentos que podedes ver no seguinte video



viernes, 1 de diciembre de 2023

25 DE NOVEMBRO

 As nenas e nenos do noso cole para traballar o 25 N, elaboraron un conto colaborativo basado no conto de Mans de Ouro de Iria Bermúdez



lunes, 27 de noviembre de 2023

25 N DÍA INTERNACIONA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Un curso máis, seguimos necesitando accións para denunciar a violencia sistémica contra  as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. 

Os centros educativos e as bibliotecas escolares súmanse á conmemoración do 25 de Novembro con múltiples actividades destinadas a educar en igualdade e contribuir a unha maior consciencia do problema por parte dos distintos sectores da comunidade educativa. O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir una paso atrás.

Na nosa biblioteca e no noso cole sumámonos a crear conciencia no noso alumnado para que non teñamos que celebrar ningún 25 N.

Ao longo da semana estiveronse a facer varias actividades das que iremos dando boa conta ,As nosas colaboradoras e colaboradores puxéronse mans a obra e deixaron a súa pegada na nosa biblio




A nosa selección de títulos para que nas titorías se poidan traballar este tema




jueves, 9 de noviembre de 2023

CONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA

 Durante a pasada semana tivemos na nosa biblioteca unhas sesións de contacontos . Desta volta, foron os nenos e nenas de 5º e 6º , os que lles leron contos de medo ao resto de cursos .    Os contos que pola biblio se escoitaron foron: O papón, O esqueleto, Cocorico, A Pantasma, O vampiro, A min non me comas, A extraña visita, O home do saco.















jueves, 2 de noviembre de 2023

SAMAÍN 2023

 Nesta semana con tanto axetreo no noso cole, a biblioteca non podía ser menos. Iremos poñendo algunhas das actividades que se fixeron pero antes, non vos perdades este video  do Samaín en Educación Infantil. O noso Photocall de cine  un dos protagonistas. Feliz Samaín




domingo, 22 de octubre de 2023

APERTURA DA NOSA BIBLIOTECA

 Ola familias!!!

Por fin inauguramos a nosa biblioteca este curso. Non puido ser coa actividade prevista que houbo que pospoñer pero ... disfrutaremos dela noutro momento.

Xa temos os recreos a pleno rendemento e os nosos colaboradores de sexto poñendo moitas gañas e interés en axudar e dinamizar os recreos da biblio.









miércoles, 17 de mayo de 2023

REVISTA ANDAR 2023

 E como xa é tradición .. xa temos a revista Andar 2023. Retallos de cousiñas que facemos no cole. Non volo perdades

LETRAS GALEGAS 2023

 As nenas e nenos de 4º prepararon este estupendo programa de radio onde nos contan un pouquiño a historia deste 17 de Maio e tamén nos dan detalles sobre Francisco Fernández del Riego homenaxeado deste ano

jueves, 4 de mayo de 2023

VISITA DO AUTOR PERE TORABUELA

 Hoxe , as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria, tiveron o pracer de disfrutar da visita do autor do libro Formigas, misión Rosalía. Un libro que estiveron a ler e traballar na aula. Disfrutaron moito coa súa charla e puideron levar os exemplares dos seus libros adicados polo autor