sábado, 25 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 O día 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía e , como todos os anos, quixemos participar das actividades propostas pola asociación de escritoras e escritores en lingua galega. As nenas e nenos tiveron que poñer nome a imaxes , de diferente índole.











domingo, 12 de febrero de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Onte, 11 de febreiro , celebrouse o día da nena e a muller na ciencia co obxectivo de visibilizar o traballo das mulleres que se adican á cienica, creando así referentes femininos para a infancia que poidan contribuir á elección destas áreas como carreiras profesionais.

Aquí tedes un fantástico Genially , feito polas compañeiras e compañeiras da Biblioteca " A fraga dos soños " do Ceip Fermín Bouza Brey.



https://view.genial.ly/6020ffdd59ad520d1f8e450d/presentation-dia-internacional-da-muller-e-a-nena-na-ciencia

sábado, 4 de febrero de 2023

SEMANA DA PAZ

Durante esta pasada semana as nenas e nenos do cole, estiveron inmersos en varias actividades para traballar o día da paz. Ademáis de toda a bibliografía aportada por Lectorio para utilizar nas diferentes aulas, tivo especial protagonismo a nosa radio, recén estreada.. As profes de inglés (Alba e Patricia) xunto coa profe de música (Montse) traballaron co alumnado a canción We are the world, himno mundialmente coñecido como reclamo para loitar contra a fame en África pero que co paso do tempo convertiuse en música para loitar pola paz no mundo.