lunes, 27 de noviembre de 2023

25 N DÍA INTERNACIONA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Un curso máis, seguimos necesitando accións para denunciar a violencia sistémica contra  as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. 

Os centros educativos e as bibliotecas escolares súmanse á conmemoración do 25 de Novembro con múltiples actividades destinadas a educar en igualdade e contribuir a unha maior consciencia do problema por parte dos distintos sectores da comunidade educativa. O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir una paso atrás.

Na nosa biblioteca e no noso cole sumámonos a crear conciencia no noso alumnado para que non teñamos que celebrar ningún 25 N.

Ao longo da semana estiveronse a facer varias actividades das que iremos dando boa conta ,As nosas colaboradoras e colaboradores puxéronse mans a obra e deixaron a súa pegada na nosa biblio




A nosa selección de títulos para que nas titorías se poidan traballar este tema




jueves, 9 de noviembre de 2023

CONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA

 Durante a pasada semana tivemos na nosa biblioteca unhas sesións de contacontos . Desta volta, foron os nenos e nenas de 5º e 6º , os que lles leron contos de medo ao resto de cursos .    Os contos que pola biblio se escoitaron foron: O papón, O esqueleto, Cocorico, A Pantasma, O vampiro, A min non me comas, A extraña visita, O home do saco.















jueves, 2 de noviembre de 2023

SAMAÍN 2023

 Nesta semana con tanto axetreo no noso cole, a biblioteca non podía ser menos. Iremos poñendo algunhas das actividades que se fixeron pero antes, non vos perdades este video  do Samaín en Educación Infantil. O noso Photocall de cine  un dos protagonistas. Feliz Samaín