martes, 27 de diciembre de 2011
martes, 20 de diciembre de 2011
lunes, 19 de diciembre de 2011
miércoles, 14 de diciembre de 2011
GUÍA DE LECTURA NADAL 2011
Aquí tendes a guía de lectura para este Nadal. Non esquezades pedir nas vosas cartas un libro co que disfrutar nestas vacacións. Botádelle un vistazo á guía, de seguro que hai algún que vos interesa. Boas lecturas a todos e todas.
domingo, 11 de diciembre de 2011
10 de decembro, día dos dereitos humanos
Por que celebramos este día? En 1950 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas invitou a todos os Estados membros e ás organizacións interesadas a que observasen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos. Nacións Unidas baseou esta petición en que o respecto aos dereitos humanos e á dignidade das persoas "son os fundamentos para a liberdade, xustiza e paz no mundo". Por desgraza, actualmente millóns de persoas no mundo non ven respectados os seus dereitos, nin sequera o máis elemental, que é o dereito á alimentación.
miércoles, 7 de diciembre de 2011
Concurso felicitacións de Nadal
jueves, 1 de diciembre de 2011
QUEN É O APALPADOR?
É un personaxe mítico de profesión carboeiro, amante da natureza e da alimentación sa que, polo Nadal, baixa das montañas do Courel, onde habita, para visitar aos nenos e ás nenas que viven en Galicia e, se están durmidos, apálpalles a barriguiña e lles deixa castañas e un agasallo feito por el.
No noso cole aproveitamos a figura do Apalpador para recuperar as tradicións galegas vinculadas ao Nadal e para fomentar valores como a solidaridade, o consumo responsable, o respecto ao medio ambiente e o coidado dos recursos naturais e materiais.
No noso cole aproveitamos a figura do Apalpador para recuperar as tradicións galegas vinculadas ao Nadal e para fomentar valores como a solidaridade, o consumo responsable, o respecto ao medio ambiente e o coidado dos recursos naturais e materiais.
jueves, 24 de noviembre de 2011
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A violencia de xénero é un atentado directo e inmediato á dignidade das mulleres, aos seus dereitos individuais, á súa calidade de vida e á súa saúde física e mental.
A loita contra este fenómeno esixe un compromiso de todas e cada unha das persoas que conformamos a sociedade, un compromiso persoal, de cada institución, de cada colectivo e organización.
A loita contra este fenómeno esixe un compromiso de todas e cada unha das persoas que conformamos a sociedade, un compromiso persoal, de cada institución, de cada colectivo e organización.
Por iso dende a Biblioteca de Lectorio queremos contribuír a esta loita poñendo a vosa disposición unha serie de recursos recompilados polos compañeiros da biblioteca do CEIPVíctor Sáenz. Gracias a todos eles por compartir o seu traballo con todos nós.
POR FIN!! AS MOCHILAS VIAXEIRAS
As Mochilas Viaxeiras comezaron por fin! o seu camiño. Este curso son nove as mochilas que puxemos a "andar" polos fogares do alumnado do 2º e 3º ciclo cargadas de material diverso: libros de ficción, informativos, comics e outros soportes audiovisuais; tamén un caderno onde os membros da familia poidan escribir comentarios, creacións propias, debuxos, citas literarias... Seguro que o resultado será sorprendente.
A finalidade desta actividade é a de implicar ás familias no proceso lector dos nenos e das nenas e a de fomentar a lectura compartida, o intercambio de opinións e as valoracións sobre os materiais seleccionados na mochila.
BOAS LECTURAS EN COMPAÑÍA!
miércoles, 23 de noviembre de 2011
domingo, 20 de noviembre de 2011
martes, 8 de noviembre de 2011
miércoles, 2 de noviembre de 2011
SAMAÍN 2011
O noso cole encheuse de personaxes terroríficas: pantasmas, esqueletes, bruxas,... Na porta da biblioteca anunciábase:
" Na biblioteca ímolo pasar de medo!!!!!"
E foi verdade xa que tivemos moitas actividades arrepiantes e monstruosas:
Presentamos as fotos da celebración
" Na biblioteca ímolo pasar de medo!!!!!"
E foi verdade xa que tivemos moitas actividades arrepiantes e monstruosas:
* Exposición de libros coa temática do medo e do misterio nas mesas do terror na biblioteca.
* Sesións de Contacontos de Medo na biblioteca para todo o alumnado, a cargo dos nenos e nenas do 3º ciclo.
* En coordinación co Equipo de TICs, na aula de informática, traballamos o Samaín en formato dixital.
* O Equipo de Dinamización Lingüística organizou o XI Concurso de doces con produtos do outono. Puxémonos as botas!
* Todos xuntos cantamos no patio a canción O Samaín composta por Rita,a profe de Música .
Presentamos as fotos da celebración
miércoles, 26 de octubre de 2011
CURSO 2011- 2012
O blogue da bibloteca de Lectorio xa está aquí de novo para informar das actividades e acontecementos que o equipo de biblioteca ten programados para este curso coa finalidade de promocionar a lectura no alumnado do centro.
Comezamos as actividades con xuntanzas informativas cos alumnos e alumnas por cursos para recordar as normas de uso e coñecer o funcionamento, horario, colaboradores, etc. e, por outra banda, con actividades de animación lectora facendo lecturas de libros por parte do equipo de biblioteca ao alumnado na hora do recreo.
Comezamos as actividades con xuntanzas informativas cos alumnos e alumnas por cursos para recordar as normas de uso e coñecer o funcionamento, horario, colaboradores, etc. e, por outra banda, con actividades de animación lectora facendo lecturas de libros por parte do equipo de biblioteca ao alumnado na hora do recreo.
martes, 7 de junio de 2011
CERTAME INTERCENTROS
Xa temos no noso centro os murais que particioparon na XXII edición do certame intercentros. Canto traballaron os nosos alumnos/as!
miércoles, 18 de mayo de 2011
lunes, 9 de mayo de 2011
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
No Ceip Virxe do Mar estamos a conmemorar as Letras Galegas. A biblioteca de Lectorio tamén quere participar. Aquí tedes algún enlace que vos pode ser útil para traballar cos rapaces e rapazas a figura de Lois Pereiro.
SEMINARIO GALÁN
RECURSOS LETRAS GALEGAS (BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR)
LIBRO LIM LOIS PEREIRO (ECONENOS.BLOGSPOT)
SEMINARIO GALÁN
RECURSOS LETRAS GALEGAS (BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR)
LIBRO LIM LOIS PEREIRO (ECONENOS.BLOGSPOT)
miércoles, 4 de mayo de 2011
1ª FEIRA TROCOLIBRO
O día 29 de abril celebramos a 1ª Feira Trocolibro. Foi todo un éxito e esperamos que, en vindeiros curso, continúe.
viernes, 15 de abril de 2011
VÉMONOS Á VOLTA DAS VACACIÓNS
Xa están aquí as esperadas vacacións. Aproveitade para descansar e para ler moito. Cargade as pilas que á volta nos espera a 1ª Festa Trocolibro. Xa tedes os vosos libros preparados para trocar?
miércoles, 13 de abril de 2011
lunes, 11 de abril de 2011
O soldadiño de chumbo
Aquí tedes o corto "O soldadiño de chumbo" que proxectamos na biblioteca do cole para conmemorar o día internacional do libro infantil e xuvenil. A verdade é que a todos os nenos e nenas lles gustou. Todo un éxito!
miércoles, 30 de marzo de 2011
2 Abril: día internacional do libro infantil e xuvenil
Esta semana estamos a celebrar o día internacional do libro infantil e xuvenil. Preparamos unha exposición de libros de Hans Christian Andersen e un panel informativo con información da súa vida e da súa obra. Imos ter, tamén, sesión de contacontos: O soldadiño de chumbo, O traxe novo do emperador e O patiño feo. Como remate final todo o cole imos ver o corto "O soldadiño de chumbo". Ímolo pasar en grande!
miércoles, 23 de marzo de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)