jueves, 24 de noviembre de 2011

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




A violencia de xénero é un atentado directo e inmediato á dignidade das mulleres, aos seus dereitos individuais, á súa calidade de vida e á súa saúde física e mental.
A loita contra este fenómeno esixe un compromiso de todas e cada unha das persoas que conformamos a sociedade, un compromiso persoal, de cada institución, de cada colectivo e organización.
Por iso dende a Biblioteca de Lectorio queremos contribuír a esta loita poñendo a vosa disposición unha serie de recursos recompilados polos compañeiros da  biblioteca do CEIPVíctor Sáenz. Gracias a todos eles por compartir o seu traballo con todos nós.

POR FIN!! AS MOCHILAS VIAXEIRAS

As Mochilas Viaxeiras comezaron por fin! o seu camiño. Este curso son nove as mochilas que puxemos a "andar" polos fogares do alumnado do 2º e 3º ciclo cargadas de material diverso: libros de ficción, informativos, comics e outros soportes audiovisuais; tamén un caderno onde os membros da familia poidan escribir comentarios, creacións propias, debuxos, citas literarias... Seguro que o resultado será sorprendente. A finalidade desta actividade é a de implicar ás familias no proceso lector dos nenos e das nenas e a de fomentar a lectura compartida, o intercambio de opinións e as valoracións sobre os materiais seleccionados na mochila. BOAS LECTURAS EN COMPAÑÍA!

miércoles, 2 de noviembre de 2011

SAMAÍN 2011

O noso cole encheuse de personaxes terroríficas: pantasmas, esqueletes, bruxas,... Na porta da biblioteca anunciábase:
 " Na biblioteca ímolo pasar de medo!!!!!"
E foi verdade xa que tivemos moitas actividades arrepiantes e monstruosas:


* Exposición de libros coa temática do medo e do misterio  nas mesas do terror na biblioteca.
* Sesións de Contacontos de Medo na biblioteca para todo o alumnado, a cargo dos nenos e nenas do 3º ciclo.
* En coordinación co Equipo de TICs, na aula de informática, traballamos o Samaín en formato dixital.
* O Equipo de Dinamización Lingüística organizou o XI Concurso de doces con produtos do outono. Puxémonos as botas!




* Todos xuntos cantamos no patio a canción  O Samaín composta por Rita,a profe de Música .

Presentamos as fotos da celebración