A asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) convida a centros de ensino e concellos a participar do DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, no día do seu aniversario, do que este ano se cumpren 175 anos do seu nacemento, organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora máis universal.
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO pola Consellería de Cultura e Educación no seu calendario do Libro e da Lectura.