martes, 21 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012

O venres 18, celebramos no noso centro O ENTROIDO cun pasarrúas. Todo o cole dende as aulas de 3 anos ata a de 6º de Primaria fixemos un "paseo" pola historia e polas rúas do barrio disfrazados e disfrazadas de época. Trogloditas, exipcios, celtas, romanos, medievais, damas e cabaleiros, anos 20 e hippies desfilaron por Narón cantando a canción O ENTROIDO NA HISTORIA composta por todos nós.
Cando chegamos ao cole o alumnado de 6º leu o testamento do MECO e todos xuntos degustamos os doces típicos aportados polas familias. Foi todo un espectáculo!!! e unha festa moi divertida.


 O ENTROIDO NA HISTORIA 
                          
- Chegaches xa, Entroido?
-Cheguei,si, señor.
De Ourense ata Narón,
felos e cigarrónss.
Pantallas, peliqueiros,
trouladas e fulións,
filloas con orellas
e grelos con lacón.



Os romanos de 3 anos
gladiadores e poetas,
inventamos moitas leis
e bañámonos nas termas.


- Chegaches xa, Entroido?...


Os  nenos de 4 anos
vivimos na Idade Media,
trovadores e bufóns 
fan as noites máis amenas.


- Chegaches xa, Entroido?...


Nas pirámides de Exipto
 hai momias e faraóns.
Na clase de 5 anos 
Cleopatra, Tutankamón.


- Chegaches xa, Entroido?...


As damas e cabaleiros
somos fortes e valentes
e cantámosche moi ledos
para divertir á xente.


 - Chegaches xa, Entroido?...


Os da clase de segundo
vimos todos disfrazados
de trogloditas trouleiros
das cavernas de antano.


- Chegaches xa, Entroido?...


Os rapaces de terceiro
xa chegamos preparados,
vimos desde os anos vinte
e bailamos de coidado.


- Chegaches xa, Entroido?...


Os de cuarto somos celtas
que vimos do noso castro,
para celebrar o Entroido
e pasares un bo rato.


- Chegaches xa, Entroido?...


5º e 6º de Primaria
somos hippies de vangarda,
lanzamos flores á xente
parar guerras é urxente.


- Chegaches xa, Entroido?...


Liberdade para o mundo,
irmandade no futuro,
 tolerancia en cada idea
camiñemos todos xuntos.


- Chegaches xa, Entroido?...





































No hay comentarios:

Publicar un comentario