miércoles, 30 de enero de 2013

30 de XANEIRO, DÍA DA PAZ


   Hoxe, para conmemorar esta data, os alumnos e alumnas do cole foron os protagonistas da celebración do Día da PAZ e a Non Violencia.




Os maiores de 6º fixeron unha representación, no salón de actos, dunha resolución de conflitos de forma pacífica, onde o diálogo é a base da boa convivencia. Obsequiáronnos, tamén, cun baile cooperativo.



Rematamos o acto cantando todos xuntos a canción PAZ, PAZ, PAZ; acompañados á percusión do alumnado de Infantil.

Oxalá que as actividades levadas a cabo este día e, as propostas  realizadas previamente, a partir de libros e de lecturas que levan implícitas mensaxes de amizade, tolerancia, respecto, ausencia de violencia... nos acheguen cada vez máis a o que significa a palabra PAZ.

sábado, 26 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

No ano 1964 a ONU declarou o 30 de xaneiro como Día da Paz en memoria de Mahatma Gandhi.
 Para conmemorar esta data, no cole, estamos desenvolvendo unha serie de actividades relacionadas coa Paz: lecturas de poemas e de contos, cancións, dramatizacións, etc.
 Os alumnos e alumnas responsables da Biblioteca de Lectorio fixeron unha interesante recopilación de libros e de audiovisuais portadores de valores como a solidaridade, o respecto, a convivencia, a igualdade...


Fixeron tamén, unha escolma de poemas da Paz que nos axudan a reflexionar sobre este tema e a tomar conciencia sobre a sua ausencia.



   Para saber máis sobre a PAZ e os valores que a fomentan, podedes acceder AQUÍ .


jueves, 17 de enero de 2013

SESIÓN DE CONTACONTOS

Onte, na biblioteca de Lectorio, tivemos unha sesión de contacontos para os nenos e nenas de 3 e 4 anos. Ana , nai de Gabriel de 4 anos B, e a súa amiga Celes viñeron a contarlle aos nenos e nenas o conto "Los tres cerditos", aproveitando que nas clases de 4 anos están inmersos no proxecto "Casas do Mundo". Quedamos todos encantados. Moitas grazas Celes e Ana!!!