Hoxe, para conmemorar esta data, os alumnos e alumnas do cole foron os protagonistas da celebración do Día da PAZ e a Non Violencia.
Os maiores de 6º fixeron unha representación, no salón de actos, dunha resolución de conflitos de forma pacífica, onde o diálogo é a base da boa convivencia. Obsequiáronnos, tamén, cun baile cooperativo.
Oxalá que as actividades levadas a cabo este día e, as propostas realizadas previamente, a partir de libros e de lecturas que levan implícitas mensaxes de amizade, tolerancia, respecto, ausencia de violencia... nos acheguen cada vez máis a o que significa a palabra PAZ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario