miércoles, 27 de febrero de 2013

CONTACONTOS

    A Editorial Kalandraka agasallounos hoxe con dúas sesións de contacontos. Os nenos e nenas de Educación Infantil disfrutaron dunha experiencia moi motivadora que os achegou aos libros e á lectura por parte dos "contadores " Alex e Patricia .
    Moitas grazas polo ben que o pasamos!!!



martes, 26 de febrero de 2013

KAMISHIBAI NA BIBLIOTECA

     Durante este curso xa realizamos varias sesións de kamishibai (teatriño tradicional xaponés que se usa para contar historias aos nenos e nenas mediante láminas ilustradas).
    Hoxe, na biblioteca na hora do recreo, dúas nenas de 5º curso de Primaria interpretaron o conto "Por que  hai tantas pedras no fondo dos ríos?", versión dun conto popular do Chad. Foi todo un éxito!









domingo, 24 de febrero de 2013

24 FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

     Hoxe é o aniversario de Rosalía de Castro e, ademais, este ano 2013, cúmprense 150 anos da publicación de CANTARES GALLEGOS. Durante a última semana, a Biblioteca de Lectorio aproveitou esta efeméride para recompilar materias e facer unha proposta de actividades co obxectivo de manter viva a figura de Rosalía e dar a coñecer a súa obra ao alumnado.



lunes, 18 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

    O vindeiro 24 de febreiro conmémorase, un ano máis, o DÍA DE ROSALÍA , lembrando así o nacemento dunha das escritoras máis destacadas da literatura universal.
    Ler os seus poemas e concienciarnos do seu compromiso coa lingua e a cultura galega é a mellor maneira de celebrar esta data. Por iso, durante esta semana na biblioteca de Lectorio, temos á disposición dos usuarios e usuarias unha exposición dos seus libros para disfrutar coa súa lectura e para realizar as actividades que nos propoñerá Lectorio.

    Do bloggue da Biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén ( Ourense) obtivemos esta interesante presentación sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro. Moitas grazas!
OBJECT
Agradecemos ao CEIP Alexandre Bóveda este LIM elaborado polo Equipo da Biblioteca. Disfrutamos da unión da poesía e da música

miércoles, 13 de febrero de 2013

ENTROIDO 13

O día 8,celebramos no cole O ENTROIDO. Todos os cursos fixemos un desfile no patio, disfrazados coa temática: OS CATRO ELEMENTOS, a mesma que o Proxecto de investigación que estamos levando a cabo. Despois da lectura do testamento do MECO por parte do alumnado de 6º, degustamos todos xuntos as larpeiradas típicas aportadas polas familias.

miércoles, 6 de febrero de 2013

ENTROIDO


Estes días estamos cos últimos preparativos da festa do ENTROIDO do venres, día 8. Seguro que o imos pasar fenomenal!

Mentres tanto para saber moitas cousas sobre o Entroido galego podemos facer estas actividades que nos proporciona o CEIP Mestres Goldar de Vigo.