O vindeiro 24 de febreiro conmémorase, un ano máis, o DÍA DE ROSALÍA , lembrando así o nacemento dunha das escritoras máis destacadas da literatura universal.
Ler os seus poemas e concienciarnos do seu compromiso coa lingua e a cultura galega é a mellor maneira de celebrar esta data. Por iso, durante esta semana na biblioteca de Lectorio, temos á disposición dos usuarios e usuarias unha exposición dos seus libros para disfrutar coa súa lectura e para realizar as actividades que nos propoñerá Lectorio.
Do bloggue da Biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén ( Ourense) obtivemos esta interesante presentación sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro. Moitas grazas!
OBJECT
Agradecemos ao CEIP Alexandre Bóveda este LIM elaborado polo Equipo da Biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario