miércoles, 24 de abril de 2013
martes, 23 de abril de 2013
23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO
"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo". (Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013).
Para celebrar o Día do Libro no noso centro realizamos distintas actividades entre elas o III Trocolibro e o Apadriñamento Lector.
Na Hora de Ler os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron a visita no patio dos seus padriños e madriñas lectores, os alumnos e alumnas de 5º de Primaria; estes constituíronse en padriños e madriñas lectores e foron os encargados de lerlles contos de forma elaborada aos máis pequenos. Con esta actividade ademais de traballar actividades relacionadas coa lectura tamén se crearon lazos afectivos entre nenos e nenas de diferentes idades.

sábado, 6 de abril de 2013
HANS CHRISTIAN ANDERSEN
Agradecemos ao CEIP Mestres Goldar de Vigo este traballo sobre Hans Christian Andersen, con el aprenderemos moito sobre este importante autor. Esperamos que o disfrutedes!.
--Object------------
martes, 2 de abril de 2013
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Cada 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en recoñecemento á obra de Hans Christian Andersen.
Hans Christian Andersen , autor de 164 contos que forman parte do patrimonio cultural universal, naceu o 2 de abril de 1805 en Odensee ( Dinamarca).
Na Biblioteca de Lectorio estanos esperando os seus contos para ser disfrutados por todos, pois os contos de Andersen teñen moitos niveis de lectura polo que poden ser degustados por todo o alumnado. Son máis axeitados para os primeiros ciclos: O patiño feo, O soldadiño de chumbo, A princesa e o chícharo, A sereíña... Outros como A vendedora de mistos, O traxe novo do rei, A raíña das neves, As zapatillas vermellas...poden ser moi atractivos para os últimos cursos de Primaria.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)