Para celebrar o Día do Libro no noso centro realizamos distintas actividades entre elas o III Trocolibro e o Apadriñamento Lector.
Na Hora de Ler os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron a visita no patio dos seus padriños e madriñas lectores, os alumnos e alumnas de 5º de Primaria; estes constituíronse en padriños e madriñas lectores e foron os encargados de lerlles contos de forma elaborada aos máis pequenos. Con esta actividade ademais de traballar actividades relacionadas coa lectura tamén se crearon lazos afectivos entre nenos e nenas de diferentes idades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario