viernes, 29 de enero de 2016

DÍA DA PAZ

Xa temos algunha imaxe do que andaba a argallar Lectorio na biblioteca xunto con dúas nenas e un neno de 4º de educación primaria. O alumnado de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria disfrutaron da interpretación dun conto sobre a Paz con monicreques: "A bruxa Discordia" . Este conto inclúe un CD con cancións sobre a paz, entre elas a que cantou e bailou hoxe o alumnado do centro no patio para celebrar esta data. A partir do luns xa o tedes dispoñible na biblioteca para empréstimo.

1 comentario:

  1. Estiven dando unha volta polo blogue, non o coñecía e encántame, temos que pasar pola biblio a coller o libro da bruxa discordia que ten moi boa pinta, sendo música de Mamá cabra seguro que non nos deixa indiferentes

    ResponderEliminar