jueves, 15 de diciembre de 2016

LECTURAS DE NADAL

Un ano máis nestas datas Lectorio convida ao alumnado do centro a visitar a biblioteca e disfrutar dun conto. Hoxe Yaiza, Noa, Anxo e Alba de 6º de educación primaria colaboraron con Lectorio nesta actividade facendo a lectura do conto "Unha chea de familias". O alumnado de 1º e 2º puido disfrutar dunha historia preciosa, chea de valores relacionados coa tolerancia, a empatía e especialmente da familia, eixo da historia.
Nos vindeiros días pasarán tamén o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º a escoitar esta historia na que Mariña, a personaxe principal vai visitando porta por porta aos seus veciños do edificio e vai analizando os tipos de familias diferentes que hai.Posteriormente na aula farán a análise da historia e da importancia da familia independentemente do tipo que sexa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario