martes, 31 de enero de 2017
DÍA DA PAZ
O luns celebramos o Día da Paz na biblioteca de Lectorio e continuamos coa lectura do conto3,2,1... no Kamishibai.
Todo o alumnado acudiu á invitación de Lectorio e puido escoitar este precioso conto poético que ten como temática principal a importancia do respeto aos demais e a tolerancia.
Despois disto acudimos ao salón de actos. Primeiro visionamos una montaxe con fotos de actividades artísticas que fixemos no cole durante este mes. A continuación escoitamos a famosa canción "Imagine" de John Lennon que tiñan preparada as nenas e nenos de 5º , a cal acompañaron con instrumentos dous alumnos da aula; Luz coa guitarra e Hugo ao piano. Finalmente ao son da frauta disfrutamos do "Himno da alegría" por parte do alumnado de 6º.
domingo, 29 de enero de 2017
TEMPO DE PAZ
Ao longo desta semana Lectorio foi convidando polas aulas ao alumnado a unha actividade planificada para a celebración do Día da Paz, o vindeiro luns 30 de xaneiro.
Isma e Nacho, alumnos de 5º e 6º, colaborarán nesta ocasión na lectura do Kamishibai do conto poético "3,2,1..."organizado para todos os cursos da escola.
Desexamos que cada nena e neno disfrute con esta historia pero sobre todo que reflexione sobre a temática da mesma: a tolerancia, a aceptación das diferencias, o respeto cara os demais..... iso é a base para a paz e o que cada día intentamos inculcar na escola. A paz debe transmitirse cada día e os contos son un dos recursos fundamentais para este traballo. Por iso tamén Lectorio fixo una pequeña selección de contos que tratan estos valores e que tedes á vosa disposición na biblioteca.
miércoles, 18 de enero de 2017
PACO NOGUEIRAS VISITA A BIBLIOTECA DE LECTORIO
Hoxe foi un día moi especial pois recibimos unha visita que previamente anunciou Lectorio polas aulas de educación infantil.
Paco Nogueiras, autor de moitas das cancións que escoitamos cada día na escola, veu a contarnos uns contos á nosa biblioteca.
Elexiu os contos "Piñeiro", "Renato" e "Mr Magnolia" de editorial Kalandraka, que tedes á vosa disposición na biblioteca de Lectorio. Paco contounos e cantounos as historias que agochan de maneira espectacular, acompañado do seu ukelele e do acordeón e facendo partícipe en todo intre ás nenas e nenos.
Rematou cantando una das cancións do seu disco "Brincavai", "Cos pés na terra" na que o alumnado facía os coros.
Disfrutaron ao máximo na hora de actuación que se fixo moi curta. Gracias pola visita Paco. Esperamos verte de novo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)