miércoles, 18 de enero de 2017

PACO NOGUEIRAS VISITA A BIBLIOTECA DE LECTORIO

Hoxe foi un día moi especial pois recibimos unha visita que previamente anunciou Lectorio polas aulas de educación infantil.
Paco Nogueiras, autor de moitas das cancións que escoitamos cada día na escola, veu a contarnos uns contos á nosa biblioteca.
Elexiu os contos "Piñeiro", "Renato" e "Mr Magnolia" de editorial Kalandraka, que tedes á vosa disposición na biblioteca de Lectorio. Paco contounos e cantounos as historias que agochan de maneira espectacular, acompañado do seu ukelele e do acordeón e facendo partícipe en todo intre ás nenas e nenos.
Rematou cantando una das cancións do seu disco "Brincavai", "Cos pés na terra" na que o alumnado facía os coros. Disfrutaron ao máximo na hora de actuación que se fixo moi curta. Gracias pola visita Paco. Esperamos verte de novo!

1 comentario:

  1. Que ben o pasan estes pequenos, que sorte desfrutar da música de Paco Nogueiras

    ResponderEliminar