jueves, 21 de diciembre de 2017
Recomendacións de Nadal
Queridas familias!
Dende a biblio de Lectorio queremos desexarvos unhas moi Felices Festas nas que se cumpran tódolos vosos desexos e soños.
Recordámosovos a importancia de que os vosos fillos e fillas lean un ratiño tódolos días porque a lectura é á mente o que o exercicio ao corpo. Lendo 15 minutos ao día, ao cabo do ano lerán mais de un millón de palabras. Os libros non dan intelixencia pero ensínanche a usar mellor a que tes. Nesta época de regalos, un libro é un regalo que podes abrir unha e outra vez…
Aquí vos deixamos algunhas recomendacións de actualidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario