miércoles, 12 de diciembre de 2018

Novembro mes da Ciencia en Galego...



O pasado mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia (en Galego...). O traballo que se fixo estivo relacionado co PDI elixido para traballar este curso que como ben sabedes será sobre Leonardo da Vinci. O título que eliximos foi o de "Leonardo científico". Cada aula tivo que elaborar unha maqueta dalgún dos inventos que este prolífico personaxe inxeniou. Comprobade o esforzo de todo o alumnado e observade o gran traballo que todas e todos fixeron...


O parafuso aéreo (6º EP), o ornitóptero (4º EP), o críptex (3º A EP), a escafandra (2ª EP) e o barco de pás (5º EP)

A bicicleta (!ºA EP), a ponte autoportante e ponte levadiza (6º EI), os rodamentos (4º EI)

O anemómetro (3º B EP)
O paracaídas (4º EI)
                                                       

miércoles, 5 de diciembre de 2018


Leer más publicaciones en Calaméo

As nenas e nenos do cole  celebramos os 40 anos da Constitución Española analizando varios dos seus artigos a través de contos. Co traballado nas aulas fixemos unha selección e quedounos un libro moi chulo onde podedes ver o título do conto, a nosa reflexión a través de debuxo ou redacción e o dereito relacionado.

viernes, 30 de noviembre de 2018

TALLER DE IGUALDADE. OBRADOIRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Leer más publicaciones en Calaméo

Hoxe a Biblioteca de Lectorio recibiu a visita de Marga Corral , Técnica de Igualdade, Socióloga e experta en Violencia de Xénero. O alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de participar no taller dirixido por ela e no que fixo levalos a reflexión sobre moitos aspectos da sociedade que temos que cambiar para poder chegar a unha igualdade plena entre homes e mulleres e erradicar así, dunha vez por todas esta lacra da violencia machista que tanto dano está a facer. Deixamos aquí colgada a súa presentación porque parécenos certamente moi interesante.

miércoles, 7 de noviembre de 2018

SAMAÍN!!!

E chegou un dos días mais desexados do curso por tódolos nenos e nenas, o noso Samaín!!! Este ano decoramos a biblio de Lectorio mais terrorificamente ca nunca...




Tamén fixemos unha selección de libros relacionados co medo e co Samaín que todo o alumnado puido disfrutar durante os tres días de celebración da festa...


Ademais, este ano contamos cunha colaboación moi especial, Lectorio tirou de axenda e conseguiu a visita á nosa biblioteca da súa amiga a bruxa Catuxa que estivo tres días con nós léndonos uns contos de medo que provocaron entre todo o alumnado moitísima emoción e puxeron os pelos de punta a mais de un/unha...



 Todo o alumnado, tanto E.I. como E.P. tivo o seu momento conto. Os elixidos para a ocasión foron:
                       
                                   - "O Papón" para E. I.
                                   - "Pelostortos" para 1º e 2º de E. P.
                                   - "O asasino vive ao lado" para 3º, 4º, 5º e 6º

Para relaxar a todos os nenos e nenas ao rematar os contos, a bruxa Catuxa propúxolles axudala na elaboración dunha "exquisita" e exclusiva sopa de Samaín, para a cal cada neno ou nena que quixese podía colaborar na receita dunha arrepiante sopa suxerindo calquera terrorífico ingrediente que se lles ocorrise. Aquí vos deixamos algúns dos mesmos...  Riquísimos todos eh!!!



Finalmente deixámosvos unha imaxe da tradicional exposición de cabazas que tódolos anos facemos onde sempre nos sorprenden con orixinales e terroríficos modelos...


martes, 6 de noviembre de 2018

Outubro, mes da biblioteca

O mes de outubro estivo adicado á biblioteca. Durante o mesmo formamos aos novos voluntarios e voluntarias de 5º curso que este ano serán os nosos/as colaboradores/as. Para inaugurar oficialmente a biblioteca tivemos a grandísima sorte de poder contar con Teatro dos Ghazafelhos que nos representaron unha das súas obras, "Iriña Bailarina", libro que tamén temos na nosa biblio. Foi un rato moi divertido no que tódolos que estivemos alí escachamos coa risa.

Momentos previos á actuación de Ghazafelhos


Despois da representación, un dos compoñentes dos Ghazafelhos, Pepablo Patiño presentou para todo o alumnado de 1º e 2º o seu libro "Lúa". Outro momento emocionante do día que rematou coa sinatura dos exemplares que trouxeron os nosos nenos e nenas...






O día 24 para celebrar o Día das Bibliotecas deseñamos unha gincana con diversas probas que tiveron que ir superando os diferentes grupos que formamos e que se desenvolveron por diversos lugares de todo o centro  co obxectivo final de coñecer o PDI deste curso, que adicaremos a Leonardo da Vinci. Resultou todo un éxito entre todo o alumnado...







Xa vedes que o curso comeza con moitas emocións, en novembro continuarán...





martes, 9 de octubre de 2018

NOVO CURSO 2018-19

Ola amigas e amigos! Xa temos aberta este curso a biblioteca de Lectorio. Podedes facer uso dela tódolos días en horario lectivo e nas tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 h. Agardámosvos!!!! 

Nota Informativa Biblio Familias

viernes, 22 de junio de 2018

Recomendacións verán 2018

Queridos lectoras e lectores!

Lectorio quere desexarvos unhas moi felices e merecidas vacacións e recomendarvos que leades un ratiño cada día. Podedes ler sós, cun amigo, en familia ou como mais vos guste ou vos apeteza.

A lectura enriquece a vosa cultura, mellora a vosa linguaxe, desenvolve a vosa capacidade de concentración, estimula a imaxinación. Estes son, entre outros moitos, algúns dos beneficios de ler.

Por iso Lectorio escolleu entre tódolos títulos que temos na nosa biblioteca algúns dos que mais lle gustan, pero non teñen porqué ser estes os que merquedes, só son as súas recomendacións.


lunes, 28 de mayo de 2018

Letras Galegas 2018, Mª Victoria Moreno

O Día das Letra Galegas deste ano homenaxeou a Mª Victoria Moreno. No noso cole traballamos a esta autora de diferentes xeitos e fixemos diversas actividades:


  • Merca de libros da autora homenaxeada este ano 2018 nas Letras Galegas “María Victoria Moreno”: biografías, obras de poesía e narrativa.
  • Exposición de exemplares da obra de María Victoria Moreno na nosa biblioteca.



  • Elaboración de actividades para traballar cada aula a biografía e obra desta autora elaboradas e suxeridas polo Seminario Galán.
  • Montaxe dun mural na cortiza do corredor anexo á biblioteca con carteis que todo o alumnado puido visionar durante os recreos ou nalgún momento da xornada coa súa titora.

jueves, 3 de mayo de 2018

DIA DO LIBRO 2018

O 23 de abril de 1616 ocorreu que faleceron tres ilustres escritores, William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Garcilaso de La Vega: Por iso dende 1995 se leva celebrando ese dia o Día Internacional do Libro. En España ademais, ese dia entrénganse en Alacalá de Henares os Premios Cervantes de Literatura. No nos cole, este ano conmemoramos esa data tan importante con diversas actividades. Organizamos o noso VIII Trocolibro, repetimos os apadriñamentos lectores nos que o alumnado de 6º de Educación Primaria foron madriñas e padriños lectores do alumnado de Educación Infantil e 1º de Eduación Primaria. En fin, mellor deixámosvos unhas instantáneas para que vos fagades unha  idea...

Libros para primeiros lectores e lectores autónomos 
Tamén había unha sección de libros informativos

Os comics esgotáronse axiña. Tiveron grande aceptación..








Custaba elixir exemplar...

Os informativos tamén tiveron éxito

Algúns ou algunhas pedían consello...













Nos apadriñamentos podedes ver o atentos e atentas que estaban tódolos/as apadriñados/as esoitando os seus contos...






miércoles, 2 de mayo de 2018

CONTACONTOS 1º, 2º, 3º EP

O pasado 13 de abril o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria disfrutaron dun contacontos que nos enviou a editorial Anaya. Lectorio dice que tódolos nenos e nenas o pasaron xenial escoitando as historias deste contacontos. Algúns dos momentos acontecidos quedan reflectidos nas imaxes.







lunes, 23 de abril de 2018

Hai versos para min?

Unha das actividade que o alumnado do Programa TEI (3º e 5º E. P.) fixeron para seguir con ese vínculo entre "padriños" e "madriñas" e os seus "afillados/as" foi a actividade "Hai versos para min?". Consistía  en que cada un deles/as, madriñas-padriños-afillados/as, debía escribir un verso para a nena ou neno que fose a súa parella no TEI. Lectorio foi testemuña das caras de sorpresa e alegría que ían poñendo todos e todas ao recibir e ler cadanseu verso. As fotos dino todo...










martes, 10 de abril de 2018

DIA DA POESÍA 2018

Con motivo do Día da Poesía que se celebra o 23 de marzo, e para conmemorar tamén o 50 aniversario dos "Soños na gaiola" de Manuel María no noso cole todo o alumnado, dende Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria prepararon unha poesía desta obra que recitaron no salón de actos. Lectorio quedou abraiado do ben que o fixeron todos e todas. Enriba do escenario demostraron todo o traballo e o esforzo previo para preparalas. Que artistazos/as temos no cole amigos e amigas!!!
Ben se ve nas fotos que aquí vos deixamos de cada curso...