martes, 6 de noviembre de 2018

Outubro, mes da biblioteca

O mes de outubro estivo adicado á biblioteca. Durante o mesmo formamos aos novos voluntarios e voluntarias de 5º curso que este ano serán os nosos/as colaboradores/as. Para inaugurar oficialmente a biblioteca tivemos a grandísima sorte de poder contar con Teatro dos Ghazafelhos que nos representaron unha das súas obras, "Iriña Bailarina", libro que tamén temos na nosa biblio. Foi un rato moi divertido no que tódolos que estivemos alí escachamos coa risa.

Momentos previos á actuación de Ghazafelhos


Despois da representación, un dos compoñentes dos Ghazafelhos, Pepablo Patiño presentou para todo o alumnado de 1º e 2º o seu libro "Lúa". Outro momento emocionante do día que rematou coa sinatura dos exemplares que trouxeron os nosos nenos e nenas...






O día 24 para celebrar o Día das Bibliotecas deseñamos unha gincana con diversas probas que tiveron que ir superando os diferentes grupos que formamos e que se desenvolveron por diversos lugares de todo o centro  co obxectivo final de coñecer o PDI deste curso, que adicaremos a Leonardo da Vinci. Resultou todo un éxito entre todo o alumnado...







Xa vedes que o curso comeza con moitas emocións, en novembro continuarán...





No hay comentarios:

Publicar un comentario