viernes, 16 de marzo de 2018

DIA INTERNACIONAL DA MULLER-SEMANA DA PRENSA

Este ano para conmemorar o Día Internacional da Muller decidimos facer unha actividade conxunta coa celebración da Semana da Prensa (do 5 ao 9 de marzo). Elaboramos un xornal, o Xornal do Virxe do Mar, no que cada curso traballou unha sección do mesmo, redactando unha noticia na que a protagonista fóse unha muller dos anos oitenta, xa que é esta a década á que adicamos o mes de marzo.

O experimento resultou do mais productivo, xa que se "publicaron" artigos sobre unha grande variedade de mulleres destacadas como Rigoberta Menchú, Corazón Aquino, María Zambrano, Dolores Ibárruri, que non fan mais ca demostrar a importancia delas na nosa  sociedade en calquera momento da nosa historia.

Este foi a publicación final do noso xornal...




No hay comentarios:

Publicar un comentario