viernes, 30 de noviembre de 2018

TALLER DE IGUALDADE. OBRADOIRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Leer más publicaciones en Calaméo

Hoxe a Biblioteca de Lectorio recibiu a visita de Marga Corral , Técnica de Igualdade, Socióloga e experta en Violencia de Xénero. O alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de participar no taller dirixido por ela e no que fixo levalos a reflexión sobre moitos aspectos da sociedade que temos que cambiar para poder chegar a unha igualdade plena entre homes e mulleres e erradicar así, dunha vez por todas esta lacra da violencia machista que tanto dano está a facer. Deixamos aquí colgada a súa presentación porque parécenos certamente moi interesante.

miércoles, 7 de noviembre de 2018

SAMAÍN!!!

E chegou un dos días mais desexados do curso por tódolos nenos e nenas, o noso Samaín!!! Este ano decoramos a biblio de Lectorio mais terrorificamente ca nunca...




Tamén fixemos unha selección de libros relacionados co medo e co Samaín que todo o alumnado puido disfrutar durante os tres días de celebración da festa...


Ademais, este ano contamos cunha colaboación moi especial, Lectorio tirou de axenda e conseguiu a visita á nosa biblioteca da súa amiga a bruxa Catuxa que estivo tres días con nós léndonos uns contos de medo que provocaron entre todo o alumnado moitísima emoción e puxeron os pelos de punta a mais de un/unha...



 Todo o alumnado, tanto E.I. como E.P. tivo o seu momento conto. Os elixidos para a ocasión foron:
                       
                                   - "O Papón" para E. I.
                                   - "Pelostortos" para 1º e 2º de E. P.
                                   - "O asasino vive ao lado" para 3º, 4º, 5º e 6º

Para relaxar a todos os nenos e nenas ao rematar os contos, a bruxa Catuxa propúxolles axudala na elaboración dunha "exquisita" e exclusiva sopa de Samaín, para a cal cada neno ou nena que quixese podía colaborar na receita dunha arrepiante sopa suxerindo calquera terrorífico ingrediente que se lles ocorrise. Aquí vos deixamos algúns dos mesmos...  Riquísimos todos eh!!!



Finalmente deixámosvos unha imaxe da tradicional exposición de cabazas que tódolos anos facemos onde sempre nos sorprenden con orixinales e terroríficos modelos...


martes, 6 de noviembre de 2018

Outubro, mes da biblioteca

O mes de outubro estivo adicado á biblioteca. Durante o mesmo formamos aos novos voluntarios e voluntarias de 5º curso que este ano serán os nosos/as colaboradores/as. Para inaugurar oficialmente a biblioteca tivemos a grandísima sorte de poder contar con Teatro dos Ghazafelhos que nos representaron unha das súas obras, "Iriña Bailarina", libro que tamén temos na nosa biblio. Foi un rato moi divertido no que tódolos que estivemos alí escachamos coa risa.

Momentos previos á actuación de Ghazafelhos


Despois da representación, un dos compoñentes dos Ghazafelhos, Pepablo Patiño presentou para todo o alumnado de 1º e 2º o seu libro "Lúa". Outro momento emocionante do día que rematou coa sinatura dos exemplares que trouxeron os nosos nenos e nenas...






O día 24 para celebrar o Día das Bibliotecas deseñamos unha gincana con diversas probas que tiveron que ir superando os diferentes grupos que formamos e que se desenvolveron por diversos lugares de todo o centro  co obxectivo final de coñecer o PDI deste curso, que adicaremos a Leonardo da Vinci. Resultou todo un éxito entre todo o alumnado...







Xa vedes que o curso comeza con moitas emocións, en novembro continuarán...