Un ano mais, Lectorio fixo unha selección de libros para recomendar a tódolos nenos e nenas neste pasado Nadal. Esta selección foivos enviada a través dun tríptico, pero de tódolos xeitos aquí vola deixamos para tela de consulta permanente. Lembrade a importancia que ler ten no desenvolvemento de cada nena ou neno e tódolos beneficios que ler ten e que Lectorio vos recorda no tríptico...
miércoles, 23 de enero de 2019
lunes, 21 de enero de 2019
Visita do Apalpador e Kamishibai
Un visitante xa clásico nas datas de Nadal da nosa biblioteca é o Apalpador. Este carboeiro que ven do Courel nunca se esquece cada ano de facernos unha visita neste mes de decembro, xa preto das datas do Nadal. A cara de tódolas nenas e nenos era un poema.
Ademais, para coñecer un pouco mais a figura deste personaxe, dúas alumnas de 6º curso de EP representaron un pequeno kamishibai dun conto do Apalpador. Deixamos algúns dos momentos do mesmo...
Ademais, para coñecer un pouco mais a figura deste personaxe, dúas alumnas de 6º curso de EP representaron un pequeno kamishibai dun conto do Apalpador. Deixamos algúns dos momentos do mesmo...
DECEMBRO CONMEMORATIVO
No pasado mes de decembro houbo unha data moi significativa. O día 5 cumpríronse 40 anos da Constitución Española. Por iso dende a biblioteca en coordinación co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e tódolas titoras e titores decidimos elaborar a nosa propia Constitución do Virxe do Mar que será a partir de agora a base da nosa convivencia no centro, con deberes e dereitos que todas e todos debemos ter en conta para unha boa e xa nomeada convivencia no mesmo. Foi unha actividade relacionada tamén co Día Internacional dos Dereitos Humanos que se celebra o 10 de decembro. Esta é a Constitución do Virxe do Mar...
Na biblio ademais preparamos un recuncho con bibliografía relacionada co Día Uninversal dos Nenos e Nenas que tamén vinculamos nestas celebracións.
A elaboración da nosa propia Constitución do Virxe do Mar correu a cargo de todo o alumnado que elexiu os dereitos e deberes que debían compoñela.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)