lunes, 21 de enero de 2019

DECEMBRO CONMEMORATIVO

No pasado mes de decembro houbo unha data moi significativa. O día 5 cumpríronse 40 anos da Constitución Española. Por iso dende a biblioteca en coordinación co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e tódolas titoras e titores decidimos elaborar a nosa propia Constitución do Virxe do Mar que será a partir de agora a base da nosa convivencia no centro, con deberes e dereitos que todas e todos debemos ter en conta para unha boa e xa nomeada convivencia no mesmo. Foi unha actividade relacionada tamén co Día Internacional dos Dereitos Humanos que se celebra o 10 de decembro. Esta é a Constitución do Virxe do Mar...



A elaboración da nosa propia Constitución do Virxe do Mar correu a cargo de todo o alumnado que elexiu os dereitos e deberes que debían compoñela.

Na biblio ademais preparamos un recuncho con bibliografía relacionada co Día Uninversal dos Nenos e Nenas que tamén vinculamos nestas celebracións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario