jueves, 28 de febrero de 2019

CONTACONTOS KALANDRAKA

Un ano mais, e grazas á nosa suscripción á Editorial Kalandraka, Sara e Álex, os seus contadores, viñeron facernos unha visita e sorprender a todo o alumnado de Educación Infantil e 1º-2º de Educación Primaria con historias todas elas divertidas sobre contos todos eles que temos na nosa biblioteca e que fixeron as delicias destes pequenos e pequenas, fixádevos...




Moitas grazas Sara e Álex e case seguro que nos voltaremos a ver o vindeiro curso...

lunes, 4 de febrero de 2019

Kamishibai Día da Paz

Ademais das actividades que levamos a cabo para celebrar o día da Paz nas que participou todo o alumnado, os mais peques (E. I., e 1º/2º E. P.) disfrutaron dun Kamishibai que representaron tres alumnas de 6º de E. P. sobre o conto de Pepablo Patiho "3, 2, 1..." cunha temática moi relacionada co 30 de xaneiro que conmemoramos. Despois de preparalo durante toda a semana, resultou todo un éxito entre os mais pequenos e pequenas. Seguiremos promovendo mais xa que este ano contamos con moitss voluntariss e voluntarios para esta actividade.

En primeiro lugar podedes observar que atentas estiveron tódalas nenas e nenos de Educación Infantil.




O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tamén disfrutou moi concentradas e concentrados de todo o conto...



Sen mais, agardamos que o seguinte Kamishibai teña o mesmo éxito que os dous anteriores. Manterémosvos ao día... Voluntarias ou voluntarios non han faltar!!!


viernes, 1 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ 2019

As celebracións de este ano do Día da Paz (30 de xaneiro) baseáronse no noso P.D.I. sobre Leonardo da Vinci, xa que como sabedes, este célebre personaxe caracterizouse por ser unha persoa moi polifacético. Unha desas facetas desmostrouna con multitude de frases célebres nas que o todo o alumnado do centro investigou para elixir unha por clase relacionadas coa Paz e facer un mural que expuxemos nun dos corredores. Aquí tedes o resultado...













Outra actividade que este ano é novidade e que pretendemos que sexa a partir de agora un costume foron os Primeiros Premios da Paz Virxe do Mar. Para elixir aos gañadores e gañadoras o propio alumnado votou democraticamente nunha votación ante unha mesa electoral na nosa biblioteca.

Imaxe dun momento da votación

Os premios clasificámolos en 3 categorías, Premio individual á/ao alumno/a de cada curso "Polo se exemplar cumprimento das normas da Cosntitución do centro"; premio á clase "Polo seu esforzo diario no cumprimento das normas da Constitución do centro" e premio á ANPA GALATEA "Pola súa colaboración na dinamización da vida do centro e fomento da cohesión da comunidade escolar"